Óscar Boán Callejas
Biografía | |
---|---|
Morte | marzo de 1964 Vigo, España |
Alcalde de Cangas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar , político |
Familia | |
Irmáns | Ricardo Boán Callejas |
Óscar Boán Callejas, finado en Vigo en marzo de 1964, foi un militar e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do capitán de cabalería Ricardo Boán, natural de Guantánamo, e de María Dolores Callejas Becerra, da Habana. A familia tivo que trasladarse a Madrid en 1884 por mor da guerra de Independencia de Cuba. Fixo a carreira militar e alcanzou o grao de comandante de Cabalería. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Cangas.[1] En maio de 1937 foi nomeado Delegado de Orde Público da provincia de Pontevedra,[2] posto no que cesou en outubro de 1937.[3] Finou en Vigo en marzo de 1964.[4]
Predecesor: Agustín Jorge Etcheverri |
Alcalde de Cangas 1936 - 1937 |
Sucesor: ' |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Vigo con Rufina Lameiro Furio en 1907,[5] e foi pai de Maria del Carmen, Sara María e María Teresa Boán Lameiro. A súa muller Rufina Lameiro finou en 1960.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96403-74-2.