Ægidius Elling
Jens William Ægidius Elling, nado en Oslo o 26 de xullo de 1861 e finado en 1949, foi un inventor noruegués, considerado o pai da turbina a gas.
Índice |
Traxectoria [editar]
Patentou a súa primeira turbina a gas en 1884 pero non foi ata 1903 que construíu a primeira turbina desta clase que era capaz de xerar máis enerxía ca consumida. O seu aparello usaba tanto compresores rotativos e turbinas para producir 11 cabalos de vapor,[1] e podía soportar temperaturas de 400 ºC.
Seguiu a desenvolver o concepto e en 1912 desenvolveu un sistema de turbina a gas coa unidade da turbina e o compresor afastados. Elling tamén traballou no desenvolvemento das máquinas de vapor, bombas hidráulicas, compresores, etc. En 1914 publicou Billig opvarmning: veiledning i at behandle magasinovner økonomisk og letvint.