Åbo Akademi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Åbo Akademi
Åbo Akademi logo.jpg

Åbo Akademi main building.jpg
Edificio principal da Åbo Akademi.
Datos xerais
Localización Turku, Finlandia Finlandia
Datos actuais
Reitor Prof. Jorma Mattinen
Alumnos 6.245
Datos de contacto
Enderezo Tuomiokirkkotori 3
20500. Turku
Páxina web www.abo.fi

A Åbo Akademi é unha institución universitaria con sede en Turku , Finlandia. Foi fundada en 1918 e é a Universidade máis antiga da cidade. A Åbo Akademi é a única Universidade exclusívamente en lingua sueca que existe en Finlandia (Åbo é o topónimo sueco da cidade de Turku), aínda que a súa actividade non se limita á cidade de Turku, senón que conta con sedes en Vaasa, Jakobstad, Helsinqui e en Åland. A Åbo Akademi foi institución privada ata 1981, cando pasou a ser unha institución pública.

A Åbo Akademi non debe confundirse coa Kungliga Akademin i Åbo, que foi fundada en 1640 en Turku pero trasladada a Helsinki tralo lume que arrasou boa parte da cidade de Turku en 1827 e que actualmente é coñecida como Helsingin yliopisto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Åbo Akademi

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Sitio web oficial (en sueco) (en finés) (en inglés)