Jakobstad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaJakobstad
Jakobstad (sv)
Pietarsaari (fi) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

AlcumeJeppis Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aJacob De la Gardie (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 63°40′00″N 22°42′00″L / 63.6667, 22.7Coordenadas: 63°40′00″N 22°42′00″L / 63.6667, 22.7
EstadoFinlandia
Axencia RexionalWestern and Central Finland Regional State Administrative Agency (en) Traducir
RexiónOstrobotnia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación19.207 (2022) Editar o valor em Wikidata (216,98 hab./km²)
Lingua oficiallingua sueca
lingua finesa (lingua minoritaria) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Jakobstad Editar o valor em Wikidata
Parte de
Superficie88,52 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1652 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoJakobstad municipal council (en) Traducir , (Escano: 43) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal68600 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webjakobstad.fi Editar o valor em Wikidata

Pietarsaari (en finés) ou Jakobstad (en sueco) é unha cidade de Finlandia, situada ao oeste do país, na rexión de Ostrobotnia.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome sueco da cidade significa literalmente Cidade de Xacobe en honor ao nome do home da súa fundadora. A cidade foi fundada no antigo porto da parroquia de Pedersöre e o seu nome pervive no nome sueco do concello, Jakobstad, literalmente Illa de Peter. Pedersöre continúa a ser un concello independente veciño a Pietarsaari.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Pietarsaari está situada na costa oeste de Finlandia, bañada polas augas do golfo de Botnia, cubrindo unha superficie total de 396,35 km², dos cales 304,52 km² son de auga. A altitude do territorio apenas presenta variacións dende a altitude mínima na costa (ao nivel do mar), e a máxima altitude (20 metros sobre o nivel do mar).

Limita cos concellos de Larsmo ao norte, Pedersöre ao sueste, Nykarleby ao suroeste.

A cidade encóntrase a 467 km da capital finlandesa, Helsinqui, a 97 km da capital da rexión, Vaasa, a 234 km de Oulu, a 300 km de Tampere, e a 413 km de Turku.

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación de Pietarsaari en 2013 era de 19.636 habitantes:[1]

Censo total (habitantes) 19.636
Menores de 15 anos 16,3 %
Entre 15 e 64 anos 61,5 %
Maiores de 64 anos 22,2 %

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade foi fundada en 1652 por Ebba Brahe, a viúva do comandante militar Jacob De la Gardie, e fóronlle concedidos privilexios de cidade pola raíña Cristina de Suecia. A cidade foi fundada no antigo porto de Pedersöre.

Nun principio a cidade medrou lentamente, cunhas autoridades que apenas promovían o crecemento demográfico. En 1680 os seus habitantes foron obrigados a trasladarse ás cidades de Karleby (Kokkola), Uleåborg (Oulu) e Nykarleby, mais a orde foi rescindida. As guerras tamén contribuíron ao seu lento crecemento, e a cidade foi invadida polas tropas rusas dúas veces durante a Grande Ira, e grandes partes da cidade foron queimadas. A maioría dos habitantes fuxiron da cidade. Durante os anos '20 do século XVIII, algúns dos antigos habitantes regresaron, e as décadas posteriores marcaron un período de crecemento, a actual igrexa foi construída en 1731.

A base económica da cidade púxose a mediados do século XVIII, coa instalación de industrias fabricantes de alcatrán e unha fábrica de tabaco no seu centro. O comercio empezou a desenvolverse cara 1765, cando as cidades finlandesas do Golfo de Botnia recibiron o privilexio por parte da coroa sueca de comerciar directamente con outros países. Isto tamén levou a que a industria naval se convertera nunha das principais actividades de Pietarsaari. Os primeiros barcos en navegar con bens a outros países foron a galeaza Jacobstads Wapen e o bergantín Enigheten. O comercio e a construción naval fixeron de Pietarsaari unha cidade próspera, e un destacado home de negocios do tempo foi o comerciante e armador Adolf Lindskog, que tamén se converteu nun dos homes máis ricos de Finlandia.

A vella fábrica de tabaco "Strengberg" en Pietarsaari.

Os principios do século XIX foron un tempo de axitación, que viviu a guerra de 1808-1809 entre Suecia e Rusia, así como un grande incendio en 1835 que destruíu cerca da metade da cidade. A pesar disto, o progreso económico continuou, e despois de 1850 fundáronse na cidade unha fábrica de cervexa, unha fábrica de mistos, e varios bancos. En 1859, o comerciante e armador Peter Malm comezou un serradoiro a vapor, que foi a segunda instalación destas características en Finlandia. A Guerra de Crimea foi un importante revés para a industria naval a causa do bloqueo británico que reduciu a produción naval de 26 barcos a 9.

Empresarios importantes do século XIX foron Otto Malm e Wilhelm Schauman, fundaron unha fábrica de chicoria (sucedáneo do café) na cidade en 1883. Este momento é xeralmente considerado como o inicio da industrialización en Pietarsaari. En 1900, a fábrica de tabaco Strengberg era o maior empregador en Pietarsaari.

Durante a Guerra Civil Finlandesa houbo na cidade unha escola de artillaría. No transcurso da segunda guerra mundial, a cidade foi bombardeada unha vez polos bombardeiros soviéticos, causando algunhas baixas. Ata a década dos '60, a cidade foi maioritariamente suecofalante, mais como consecuencia da expansión industrial dos anos '60 e '70, a necesidade de man de obra adicional provocou unha grande afluencia de falantes de finés. A cidade segue a ser bilingüe cun 56% de falantes de sueco e un 40% de falantes de finés.[2]

Política[editar | editar a fonte]

Os últimos resultados electorais deixaron a composición da cámara municipal do seguinte xeito:[3]

Lingua[editar | editar a fonte]

A cidade de Pietarsaari é bilingüe en finés e sueco, cunha ampla maioría de falantes suecos con arredor dun 56 %. Por linguas a distribución da poboación en 2012 era a que segue:[1]

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • A Casa do Concello de Pietarsaari é un edificio histórico da cidade construído en 1875. A aparencia actual do edificio data de 1890.
  • Pietarsaari é o lugar de orixe da galeaza Jacobstads Wapen, unha réplica a tamaño real realizada entre 1987 e 1992, baseada nos debuxos orixinais de 1755 feitos polo construtor naval sueco Fredrik Henrik af Chapman.[4]
  • O Jakobstad Museum é o principal museo da cidade, concéntrase na historia marítima e na construción naval.
  • O museo ártico de Nanoq está situado fóra de Pietarsaari.
  • Pietarsaari conta co único museo adicado á chicoria de Finlandia. Está situado na antiga fábrica de chicoria do século XIX, e familiariza aos visitantes coa produción de chicoria, cos inicios da carreira industrial de Wilhelm Schaumans, así como experimentar as auténticas condicións dunha antiga fábrica. O museo de Pietarsaari acolle tamén mostras de arte e outros eventos.
  • O xardín botánico de Skolparken (literalmente "o xardín da escola"), con aproximadamente 1.000 especies de plantas, é recoñecido como un dos xardíns botánicos máis ao norte do mundo e pola súa arquitectura clásica de parque. O parque foi rematado en 1932. A fundación foi promovida pola familia Schauman, que quería honrar a memoria de Elise e Viktor Schauman. O parque foi deseñado polo famoso arquitecto de parques finlandés Bengt Schalin.
  • Skata é unha zona residencial protexida próxima ao centro da cidade que data de 1783. A partir de finais do século XIX, Skata converteuse nun barrio de mariñeiros. Na década de 1890, converteuse nunha zona de clase traballadora, residindo nela a maior parte dos traballadores da fábrica de tabaco de Strengberg.

Deporte[editar | editar a fonte]

Deportivamente destaca na cidade o FF Jaro, que xoga na máxima categoría do fútbol finlandés, a Veikkausliiga. O FC United, da liga de fútbol feminina, colleitou moitos éxitos nos últimos anos.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]