Ángel Ron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Carlos Ron Güimil
Nome orixinalÁngel Ron
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1962 (61 anos)
Santiago de Compostela, Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónBanqueiro
EmpregadorBanco Popular Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1181828

Ángel Ron, nado en Santiago de Compostela o 24 de xullo de 1962, é un banqueiro galego. Foi presidente do Banco Popular Español, o terceiro grupo bancario de España por capitalización.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ángel Ron licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e en 1984, con 22 anos, entrou a formar parte da dirección rexional de Galicia do Banco Popular Español. En 1989 noméano director xeral da Caja Cooperativa de Promoción y Crédito, un banco de aforro especializado en microcréditos. En 1991 pasa a desempeñar a mesma responsabilidade no Banco de Depósitos ata 1995.

A finais dese ano noméano director rexional de Asturias-Cantabria, do Banco Popular Español, onde administrou un negocio de 2.000 millóns de euros, 52 sucursais e ao redor duns 300 empregados.

No ano 1998 accede á sede central de Madrid, cando o nomean director xeral da Rede Comercial do Grupo Popular, que incluía os 5 bancos rexionais (entre eles o Banco de Galicia), así como todas as sociedades financeiras dependentes do grupo. En marzo de 2002, noméano conselleiro delegado e dous anos despois, presidente executivo do Grupo Banco Popular. En 2006 accede á presidencia do consello de administración.

Neste tempo, o Banco Popular adquiriu o Banco Nacional de Crédito (BNC) e desembarcou no mercado estadounidense coa compra en 2007 de Totalbank.

O 30 de novembro de 2016 foi destituído polos accionistas do Banco Popular pola súa mala xestión, sendo relevado por Emilio Saracho.[1]

Outros cargos[editar | editar a fonte]

Ángel Ron é membro, ademais, do Internacional Advisory Board de Allianz, do Institut International d'Études Bancaires, da Internacional Monetary Conference e é membro do padroado da Fundación Príncipe de Asturias, da Fundación Universitaria Comillas, da Fundación de Ayuda contra la Drogadicción e de FEDEA.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]