Óso coxal
Óso coxal | ||
---|---|---|
Óso coxal, vista externa | ||
Latín | os coxae | |
Gray | tema #57 231 |
O óso coxal, óso ilíaco ou óso pélvico[1] (cientificamente: Os coxae; ilium, ischium, pube), do latín cadeira, é un óso da pelve ósea, par, plano, esponxoso, en forma cuadrilátera helicoidal, composto por tres ósos embrionarios:ilio, pube e isquion. Ten dúas caras: externa e interna; catro bordos: superior, inferior, anterior e posterior, e catro ángulos.[2]
Artellamentos
[editar | editar a fonte]Abarca desde o van até a pelve. Artéllase co homónimo oposto a nivel da sínfise pubiana e co sacro para formar a pelve, e co fémur para formar o artellamento dos cadrís ou coxofemoral.[3] Malia estar artellada en si mesma, existe certa mobilidade nos ósos coxais, de especial importancia durante os traballos de paristallo, nas mulleres.[4]
A zona articular máis importante do óso coxal é o acetábulo ou cótilo que é a cavidade articular para a testa do fémur. É neste punto onde o tres ósos conformantes do óso coxal atópanse. Este acetábulo é rebordado polo "rodete cotiloideo" ou labrum acetabular, que é un cartilaxe que amplía a cavidade cotiloidea, permite maior articulación co fémur, e contribúe á estabilización do artellamento coxofemoral pola creación de presión negativa durante a marcha.
Estruturas que o conforman
[editar | editar a fonte]- Ilio: o ilio é un do tres ósos que forman o cós pelviano. É un óso largo e en forma de campá que constitúe as seccións superior e lateral da pelve. O ilio caracterízase polas súas ás que se estenden a cada banda da espiña dorsal.
- Isquion: o isquion é un do tres ósos que fusionados forman a pelve nun adulto. O isquion atura o peso do corpo cando estamos sentados e está unido á pube na parte dianteira e ás ás do ilion nos lados e na parte posterior.
- Pube: a pube é un do tres ósos que se fusionan para formar a pelve. Este presenta dous segmentos ou ramas a cada banda da sínfise pubiana: O superior artéllase coas ás ou co ilion. O inferior artéllase co isquion da pelve.
- Crista ilíaca: a crista ilíaca marca o suco superior das ás do ilion e presenta un labio interno e outro externo cunha liña no medio e medio de ambos os dous.
- Sínfise pubiana: a sínfise pubiana é a conexión entre as dúas partes da pube. Presenta unha liña de cartilaxe calcificado e resistente. Na muller, a sínfise pubiana está cuberta cun tecido adiposo denominado monte de Venus.
- Buraco obturador: o obturador é unha grande apertura en cada pube que permite o paso de vasos sanguíneos e nervios dende a cavidade abdominal até o interior da parte superior das pernas.
Patoloxías
[editar | editar a fonte]- Coxalxia: dor artrítica do cadril, gonocócica ou reumática.[5]
- Displasia do cadril: trastornos do artellamento coxofemoral.
- Coxagra: gota localizada no artellamento do van.[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vocabulario de medicina Santiago de Compostela, Universidade / Consellería de Sanidade, 2008; Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
- ↑ Richard L. Drake (2006). Gray´s Anatomy para Estudiantes. Elsevier. ISBN 9788481748321.
- ↑ Laboratorio de Antropología Física y Anatomía Humana - Pontificia Universidad Católica de Valparaíso. [1] Arquivado 04 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ Pontificia Universidad Católica de Chile - Anatomía Humana Sistémica y Aplicada. [2] Arquivado 07 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ Instituto Químico Biológico - Diccionario Ilustrado de Términos Médicos. [3]
- ↑ Asociación Internacional de Traductores y Redactores de Medicina y Ciencias Afines. [4]