Óscar Lopes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de outubro de 1917 Leça da Palmeira, Portugal |
Morte | 22 de marzo de 2013 (95 anos) Matosinhos e Leça da Palmeira, Portugal (pt) |
Deputado da Asemblea da República de Portugal | |
Lexislatura: V Legislatura da Terceira República Portuguesa (pt) Circunscrición electoral: Porto | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Lisboa |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario, romanista, crítico literario, político |
Premios | |
| |
Óscar Luso de Freitas Lopes, nado en Matosinhos, Leça da Palmeira, o 2 de outubro de 1917 e finado no mesmo lugar o 22 de marzo de 2013, foi un profesor portugués que desenvolveu a súa actividade docente e de investigación nas áreas da literatura e da lingüística[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Óscar Lopes era fillo do folclorista Armando Lopes e da violoncelista Irene Freitas.[2]
A súa irmá Maria Mécia de Freitas Lopes (Leça) foi esposa de Jorge de Sena e organizadora do espolio literario deste.
A formación
[editar | editar a fonte]Óscar Lopes, licenciouse en Filoloxía Clásica, na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, e en Ciencias Histórico-Filosóficas, na Facultade de Letras da Universidade de Coímbra.
Apreciador da música, cursou igualmente o Conservatório de Música do Porto.
A actividade docente
[editar | editar a fonte]Foi profesor efectivo do Liceu Nacional de Vila Real e dos liceus Alexandre Herculano e Rodrigues de Freitas, do Porto, entre 1941 e 1974; neste último orientou o grupo de estudantes que formaba o corpo redactor do xornal académico O Mensageiro , iniciado en 1952.[3]
En 1975 ingresou, como profesor catedrático, na Facultade de Letras da Universidade do Porto[4], onde se xubilou.
Na Universidade do Porto desempeñou, entre outros cargos, o de vicerreitor da Universidade (1974-1975) e o de director da Facultade de Letras (1974-1977).[5]
A intervención cívica
[editar | editar a fonte]Óscar Lopes pertenceu ao Movemento de Unidade Nacional Antifascista (MUNAF), ao Movemento de Unidade Democrática (MUD), ao Movemento Nacional Democrático (MND), á Comisión Democrática Electoral (CDE) e á Comisión Nacional de Socorro aos Presos Políticos.
Militante do Partido Comunista Portugués desde 1945, Óscar Lopes formou parte do seu Comité Central entre 1976 e 1996.
Debido á súa actividade como opositor político ao réxime do Estado Novo foi detido pola policía política en 1955 no proceso dos Partidarios da Paz e, en diversas situacións, impedido de saír do país para participar en reunións científicas no estranxeiro.[6]
Foi demandante á Asemblea Nacional nas listas da oposición ao réxime do Estado Novo en 1973.
Membro activo da Sociedade Portuguesa de Escritores, cerrada polo Estado Novo, Óscar Lopes formou parte da comisión promotora da constitución da Asociación Portuguesa de Escritores, de que foi presidente.[7]
Foi un dos creadores da Universidade Popular do Porto, en 1979.[8]
O crítico literario e historiador da literatura
[editar | editar a fonte]Crítico literario[9], Óscar Lopes publicou unha vasta colaboración en diversos xornais e revistas, onde se destacan a Seara Nova, a Vértice, o Mundo Literario (1946-1948), a Colóquio/Letras e o suplemento literario do Comércio do Porto.[10]
A Historia da Literatura Portuguesa, escrita en colaboración con António José Saraiva[11], e publicada por primeira vez en 1955, é hai moitos anos unha referencia para o ensino desta disciplina.
O lingüista
[editar | editar a fonte]A súa Gramática Simbólica do Portugués, editada en 1971 e reeditada en 1972, abriu os camiños da moderna lingüística portuguesa.
En 1976, xa profesor da Facultade de Letras da Universidade do Porto, deu o impulso fundador ao Centro de Lingüística da Universidade do Porto.[12] Nesta facultade lecionou exclusivamente disciplinas da área da lingüística, tendo a primeira sido a de Lingüística Matemática Computacional.[13]
Algunhas obras
[editar | editar a fonte]Óscar Lopes foi autor de decenas de obras no dominio da literatura e da lingüística
Lingüística
[editar | editar a fonte]- Gramática Simbólica do Português. Lisboa: Instituto Gulbenkian de Ciencia, 1972, 2.ª ed., corrixida.[14]
- Entre a Palavra e o Discurso: Estudos de Lingíustica (1977-1993). Coordinación da edición de OLIVEIRA, Fátima; BRITO, Ana Maria. Porto, Campo das Letras, 2005.
Literatura e crítica literaria
[editar | editar a fonte]- História da Literatura Portuguesa (con António José Saraiva).[15]
- Album de Familia: Ensaios sobre Autores Portugueses do Século XIX. Lisboa: Caminho, 1984.
- Os Sinais e os Sentidos: Literatura Portuguesa do Século XX. Lisboa, Editorial Caminho, 1986.
- Entre Fialho e Nemésio: Estudos de Literatura Portuguesa Contemporânea. Lisboa: Prensa Nacional-Casa da Moeda, 1987:
- 1.º vol.: Geração de 1890; Geração da República
- 2.º vol.: Modernism
- A Busca de Sentido: Questões de Literatura Portuguesa. Lisboa: Caminho, 1994.
- 5 Motivos de Meditação: Luís de Camões, Eça de Queirós, Raul Brandão, Aquilino Ribeiro, Fernando Pessoa. Porto: Campo das Letras, 1999.
Biografías
[editar | editar a fonte]- Jaime Cortesão. Lisboa: Arcádia, 1962.
- Antero de Quental: vida e legado de uma utopia. Lisboa: Caminho, 1983.
Condecoracións, premios e outras homenaxes
[editar | editar a fonte]Condecoracións
[editar | editar a fonte]- Grã-Cruz da Orde da Instrución Pública de Portugal (12 de abril de 1989)
- Grã-Cruz da Orde da Liberdade de Portugal (9 de xuño de 2006)
Polos seus traballos de ensaio e crítica recibiu os premios:
- Rodrigues Sampaio da Asociación dos Xornalistas e Homes de Letras do Porto.
- Jacinto do Prado Coello (1985), do Centro Portugués da Asociación Internacional de Críticos Literarios.
- PEN. Club Portugués de Ensaio (1986), pola obra A Busca de Sentido: Cuestións da Literatura Portuguesa.
- Vida Literaria (2000), atribuído pola Asociación Portuguesa de Escritores.
- Vergílio Ferreira, da Universidade de Évora (2002), polo conxunto da obra.[16]
Outras homenaxes
[editar | editar a fonte]- Voto de loanza aprobada pola Asemblea da República o 23 de abril de 1987.[17]
- Doutor honoris causa pola Universidade de Lisboa, o 21 de febreiro de 1990.[18]
- O seu nome foi dado a unha escola do concello de Matosinhos, a EB23 Óscar Lopes.
- O seu nome foi tamén dato á sala principal das instalacións do Centro de Lingüística da Universidade do Porto, na FLUP.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lusa, Isabel Coutinho, Lucinda Canelas, com. "Morreu o professor e ensaísta Óscar Lopes". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-05-27.
- ↑ "C.M. Matosinhos". web.archive.org. 2015-06-08. Archived from the original on 08 de xuño de 2015. Consultado o 2020-05-27. Arquivado 08 de xuño de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ "O Mensageiro" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt.
- ↑ "O parecer de Vitorino Nemésio". pt.wikisource.org/wiki.
- ↑ "Oscar Lopes". .infopedia.pt.
- ↑ "Faleceu Óscar Lopes - Figura maior da Cultura portuguesa, destacado militante comunista". Partido Comunista Português (en portugués). Consultado o 2020-05-27.
- ↑ "História APE" (PDF). web.archive.org. Archived from the original on 03 de xullo de 2014. Arquivado 03 de xullo de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ "A Universidade Popular do Porto. Universidade Popular do Porto". www.upp.pt. Consultado o 2020-05-27.
- ↑ Sobre a colaboração em O Comércio do Porto, ver LIMA, Isabel; MARTELO, Rosa Maria. «Óscar Lopes em 'A Crítica do Livro': Duas Leituras (I, II), in Sentido que a Vida Faz: Estudos Para Óscar Lopes. Porto: Campo das Letras, 1997.
- ↑ "COLÓQUIO/Letras : Resultado de pesquisa". coloquio.gulbenkian.pt. Consultado o 2020-05-27.
- ↑ Portugal, Rádio e Televisão de. "RTP Notícias". RTP Notícias (en portugués). Consultado o 2020-05-27.
- ↑ "Centro de Linguistica da Universidade de Porto". cl.up.pt. Consultado o 2020-05-27.
- ↑ CRUZ, Valdemar. «Óscar Lopes», no Expresso de 23 de março de 2013, pg. 34.
- ↑ A 1.ª edición é de 1971.
- ↑ A 1.ª ed. é de 1955 (Porto: Porto Editora).
- ↑ "Óscar Lopes recebe Prémio Vergílio Ferreira". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-05-27.
- ↑ Cf. o n.º 70 da 1.ª série do Diário da Assembleia da República, de 24 de abril de 1987, pxs. 2733 e 2734.
- ↑ "Doutoramentos Honoris Causa na Universidade de Lisboa - Memória da Universidade". memoria.ul.pt. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 2020-05-27. Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ "Centro de Linguistica da Universidade de Porto". cl.up.pt. Consultado o 2020-05-27.