Órtese
Unha órtese[1] segundo a definición da ISO, é un soporte ou dispositivo externo aplicado ao corpo para modificar os aspectos funcionais ou estruturais do sistema neuro-musculo-esquelético para obter algunha vantaxe mecánica ou ortopédica.[2]
Refírese aos aparellos ou dispositivos ortopédicos de uso temporal ou non, destinados a aliñar, previr ou corrixir deformidades ou mellorar a función das partes móbiles do corpo.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra órtese deriva do grego ortho (ορθως), que significa "recta".[4]
Exemplos e tipos
[editar | editar a fonte]O aparello dental de ortodoncia é unha órtese, xa que corrixe a deformidade do arco dental, mentres que a dentadura completa ou un implante dental é unha prótese xa que substitúe o órgano ou a súa función (substitúe os dentes). Estes dispositivos acostuman ser prescritos por profesionais médicos e son estudados, deseñados e fabricados por ortoprotésicos.[5] Diferéncianse principalmente dunha prótese en que non substitúen o órgano ou membro discapacitado.
Exemplos de órteses
[editar | editar a fonte]Son exemplos de soletas ortopédicas, lentes, titores, xeonlleiras, chalecos ou coletes, protectores de pulso, entre outros.
Tipos de órteses
[editar | editar a fonte]Pódense clasificar en catro tipos segundo a súa función: [6]
- Estabilizadoras: Mantén unha posición e evita movementos non desexados, o que dá este tipo de uso como corrección do pé equino, fracturas e dores, e para reducir o rango articular dun segmento inflamado ou doloroso.
- Funcionais: tamén coñecidos como dinámicas, son máis flexibles e permiten un movemento limitado.
- Correctoras: recomendados para corrixir deformidades esqueléticas. Xeralmente úsanse na infancia para corrixir os membros en desenvolvemento.
- Protectoras: Mantén protexido un órgano afectado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "órtese". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2024-03-01.
- ↑ Levy, Ana Esther e Cortés Barragán, José Manuel. Ortopodología y aparato locomotor: ortopedia de pie y tobillo. Elsevier España, 2003. ISBN 84-458-1299-8, 9788445812990
- ↑ http://www.educacaofisica.com.br/glossario_mostrar.asp?id=1051&topico=1374 Arquivado 14 de decembro de 2010 en Wayback Machine. (en portugués)
- ↑ (en castelán) Zambudio, R.. Prótesis, órtesis y ayudas técnicas Editorial Elsevier España 2009. ISBN 84-458-1969-0, 9788445819692
- ↑ "Decreto-Lei nº. 564/99, de 21 de Dezembro" (PDF). acss.min-saude.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2013-03-19. Consultado o 2012-06-13.
- ↑ (en castelán) Red Medynet - Programa anual 2003 de formación continuada acreditada para médicos de atención primaria ministerio de sanidad y Consumo de España Copia arquivada en Wayback Machine
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |