Serpentaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aristolochia serpentaria
serpentaria de Virxinia, serpentaria

Aristolochia serpentaria.
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiosperms
(sen clasif.): Magnoliids
Orde: Piperales
Familia: Aristolochiaceae
Xénero: Aristolochia
Especie: A. serpentaria
Nome binomial
Aristolochia serpentaria
L.
Sinonimia
  • A. convolvulacea Small
  • A. hastata Nutt.
  • A. nashii Kearney
  • A. serpentaria L.
      var. hastata (Nutt.) Duch.
  • A. serpentaria L.   var. nashii (Kearney) H.E. Ahles
  • Endodeca serpentaria (L.) Raf.   var. hastata (Nutt.) C.F. Reed

Aristolochia serpentaria L., coñecida polo nome común de serpentaria de Virxinia, ou serpentaria, é unha especie herbácea norteamericana da familia das aristoloquiáceas (Aristolochiaceae). É unha especie perenne con distribución natural no leste de América do Norte, desde Connecticut ao sur de Míchigan, a Texas e a Florida.[1][2]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie está considerada en perigo no estado de Nova York, rexión onde a especie foi por diversas veces encontrada entre 1895 e 1994, sendo nesta última data dada como presente nas Hudson Highlands. Mais, aínda así, desde entón, olláronse outras poboacións dispersas neste estado.[3]

A especie é tamén rara no estado de Connecticut, onde integra a lista das especies con estado de conservación preocupante.[4] No estado de Míchigan a especie considérase ameazada.[2]

Uso medicinal[editar | editar a fonte]

É cultivada na India polos seus rizomas empregados para o tratamento de picadas de serpentes, os indios norteamericanos usábana como remedio para picadas de cobra. En Europa, o seu uso medicinal data do século XVII. É tamén usada polo seu efecto antiinflamatorio, actúa como tónico e diurético, alén de producir aceite esencial.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aristolochia serpentaria USDA Plants Profile (2011-11-28)
  2. 2,0 2,1 Aristolochia serpentaria Arquivado 17 de agosto de 2011 en Wayback Machine. Michigan Natural Features Inventory (2011-11-28)
  3. Virginia Snakeroot New York Natural Heritage Program (2011-11-28)
  4. Virginia Snakeroot Arquivado 30 de xullo de 2015 en Wayback Machine. Connecticut Botanical Society - Wildflowers (2011-11-28)
  5. Peter Hanelt; Institute of Plant Genetics and Crop Plant Research; W. Kilian (2001). Mansfeld's Encyclopedia of Agricultural and Horticultural Crops: (Except Ornamentals). Springer Science & Business Media. p. 105. ISBN 978-3-540-41017-1.