Saltar ao contido

Maruca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maruca
Área de distribución [1]

A maruca (Molva molva, Linnaeus 1758; antes Gadus molva) é un peixe mariño da familia Lotidae, da orde dos Gadiformes.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Presenta un corpo longo e delgado, con talles usuais de entre 100 e 150 cm, e máximos de 200 cm de lonxitude e 45 kg de peso, sendo a especie de maior tamaño da súa familia. A cabeza é pequena (menos do 18% da lonxitude total) e aplanada, coa mandíbula superior prominente sobre a inferior; nesta, unha barba. Ten dúas aletas dorsais, a primeira curta e con 13 a 15 raios brandos, e a segunda moi longa, con 75-83 raios brandos. A anal é tamén longa pero menor que a segunda dorsal; con 58-64 raios brandos. As pélvicas estreitas e pequenas, con 6 raios. A caudal é arredondada.

A cor é marrón verdoso no dorso, como bronce, e abrancazada polo ventre. Son características unhas manchas escuras no bordo posterior das aletas dorsais e da anal. A liña lateral é case recta.

Hábitat e bioloxía

[editar | editar a fonte]

É unha especie propia do océano Atlántico norte, entre os 35º Norte (Marrocos ata os 75º Norte (Ártico), distribuíndose por toda a costa europea, Canadá e Groenlandia; presente pero pouco común no Mediterráneo e Mar Morto. Vive a profundidades de 100 a 1.000 metros (usualmente entre 100–400 m), sobre fondos rochosos, pero os exemplares novos achéganse á costa, manténdose a 15–20 m de profundidade. Non ten hábitos gregarios.

En Galicia, Ríos Panisse só atopou a denominación de maruca e mais a variante meruca.

  1. Véxase tamén a área de distribución estimada por FishBase.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
  • RODRÍGUEZ VILLANUEVA, X. L., e VÁZQUEZ, Xavier: Peixes do mar de Galicia III. Edicións Xerais de Galicia, Vigo 1995.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]