Saltar ao contido

Linguaxe científica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A linguaxe científica é unha aplicación do sistema codificado da linguaxe humana en continua oposición coa linguaxe empregada noutros rexistros formais (linguaxe literaria) e cos rexistros informais.

A linguaxe da ciencia e a linguaxe da literatura

[editar | editar a fonte]

É doado distinguir entre a linguaxe da ciencia e a linguaxe da literatura. A linguaxe científica ideal é puramente denotativa, cousa que se observa claramente no feito de que a terminoloxía careza de plano do contido, é unha linguaxe universal. Mentres tanto, a linguaxe literaria é connotativa e dista moito de ser soamente designativa.

Por outra banda, na linguaxe literaria faise fincapé no signo mediante técnicas coma a aliteración, a paronomasia etc. Na científica é crucial a representación da realidade extralingüística.

Criterio de oposición LINGUAXE LITERARIA LINGUAXE CIENTÍFICA
ESPÍRITO Creativo Totalmente pragmático
OBXECTO As dúas caras do signo lingüístico A realidade
CARÁCTER Connotativo Denotativo
IDEAL Linguaxe expresiva Linguaxe universal
DIMENSIÓN Estética, expresiva Representativa
PRODUTO É +/- subxectivo e simbólico Obxectivo e designativo


O profesor Luís Daviña Facal, entre outros científicos como Manuel-Luís Casalderrey, leva tempo reclamando a atención de lingüistas e científicos sobre o uso irregular do léxico científico, moitas veces utilizado de forma incorrecta ou imprecisa por uns (que descoñecen os aspectos técnicos) e por outros (que descoñecen os aspectos lingüísticos).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Daviña Facal, L. (1993): Problemas do léxico científico. Algunhas propostas de solucións. Santiago de compostela: Ed. do autor coa axuda da Dirección Xeral de Política Lingüística. ISBN 84-604-7124-1.
  • — (1999): Lingua e ciencia. Vigo: Edición Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-355-5.
  • — (2003): "O tratamento do léxico científico e tecnolóxico nos diccionarios galegos", en Álvarez de la Granja, María e González Seoane, Ernesto Xosé (eds.): A estandarización do léxico. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega, pp. 447-473.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Un idioma preciso [1]