Igrexa de San Fiz de Cangas
Igrexa de San Fiz de Cangas | |
---|---|
Porta principal da igrexa. | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Localización | San Fiz de Cangas (Pantón) |
Coordenadas | 42°29′12″N 7°38′28″O / 42.486558333333, -7.641075Coordenadas: 42°29′12″N 7°38′28″O / 42.486558333333, -7.641075 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Lugo |
Arquitectura | |
Construción | século XII |
Estilo | Visigodo e románico |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Fiz de Cangas, é un templo relixioso situado na parroquia de San Fiz de Cangas, no concello lugués de Pantón. É o único que queda dun mosteiro de orixe visigótica. Como mosteiro de monxas bieitas aparece citado en documentos dos anos 1180 e 1119; en 1289 recibe doazón de dona Urraca Iáñez e, no ano 1515, é anexionado ó mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares.[1]
Arquitectura[editar | editar a fonte]
A igrexa é de arquitectura románica do século XII, con elementos de transición. A planta exteriormente aparenta ser de cruz latina, pero ten unha soa nave con tres ábsidas poligonais, ante as cales se cruza outra nave.
A porta principal presenta un arco lixeiramente apuntado, e o seu tímpano vai decorado cuns relevos que representan o Sol e a Lúa cunha cruz grega no centro, baixo os cales represéntase unha estrela de oito puntas e uns rectángulos concéntricos.
A estrutura orixinal da igrexa foi modificada no século XVII ó suprimirse a ábsida lateral esquerda para albergar no seu lugar a capela de Torrenovais, da Casa de Espasantes, na que foi colocado o sepulcro de don Rodrigo López de Quiroga, cabaleiro de Santiago e comendador de Anguera; o sepulcro é de arcosolio, coa figura orante do defunto.[1]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Rey Nóvoa, José Manuel (1992). Pantón. Editorial Everest. ISBN 84-241-9815-8.