Fraude
Unha fraude é unha acción ilícita na que unha persoa ou organización engana adrede a outra co obxectivo obter algún tipo de beneficio, normalmente económico. Nela o enganado termina prexudicado. Este termo tamén é usado para referirse a algo de mala calidade.[1] Algúns tipos de fraudes son ilegais, nese caso son chamados fraudes de lei.[2]
Algúns tipos de fraude
[editar | editar a fonte]Publicidade enganosa
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Publicidade subliminar.
A publicidade enganosa convence ao que a ve de que o seu produto é máis resistente, cómodo, útil, etc. do que é na realidade.[3]
Corrupción
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Corrupción.
A corrupción consiste nun abuso de poder para conseguir diñeiro ilegalmente en prexuízo doutros.[4] Os prexudicados son o resto de persoas da organización ou país. Esta acción ten pena de prisión segundo o código penal.[5]
Falsificación
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Falsificación.
A falsificación consiste en facer unha réplica barata dun obxecto xeralmente de gran valor e vendelo facendo crer que é o orixinal,[6] aínda que nalgúns casos cómpranse estas réplicas sabendo que son falsas e cun prezo máis baixo ca o do obxecto orixinal para presumir.
Diferenza con "engano"
[editar | editar a fonte]Un engano refírese a unha mentira, polo que non ten que afectar ao enganado nin ten que estar relacionado con motivos económicos.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Definición de fraude". Real Academia Galega. Consultado o 30 de xuño de 2020.
- ↑ "Definición de fraude". Digalego. Consultado o 30 de xuño de 2020.
- ↑ "Publicidad engañosa". OCU (en castelán). Consultado o 30 de xuño de 2020.
- ↑ "Definición de corrupción". Digalego. Consultado o 30 de xuño de 2020.
- ↑ "Los delitos de corrupción tras la reforma del Código Penal por LO 1/2015". El Derecho (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2020.
- ↑ "Definición de falsificar". Digalego. Consultado o 30 de xuño do 2020.
- ↑ "Definición de engano". Digalego. Consultado o 30 de xuño de 2020.
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Fraude |