Cabicha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabichas nun cinseiro.

Unha cabicha[1] é o resto dun pito (ben de tabaco, ben doutra substancia) cando xa está case totalmente fumado, incluíndo o filtro, se o ten. Son moi nocivos para o medio natural, pois o algodón está impregnado de nicotina e alcatrán e xa non é biodegradable. Provocan incendios, sobre todo no verán e poden ser instrumentos de tortura.[2][3][4]

Segundo a norma actual en España desde xullo de 2006 tirar cabichas pola xanela dos automóbiles está penado con catro puntos menos no carnet de conducir, debido á súa perigosidade na creación de lumes forestais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cabicha.
  2. "Cigarette is blamed for Abilene apartment blaze". reporternews. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 25 de marzo de 2012. 
  3. Hywel Trewyn. "dailypost". dailypost. Consultado o 25 de marzo de 2012. 
  4. "www.tobacco.org". www.tobacco.org. Consultado o 25 de marzo de 2012.