Zinthia Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaZinthia Álvarez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1988 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Maracaibo, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeVenezuela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritora Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 5628016

Zinthia Álvarez Palomino, nada en Maracaibo (Venezuela)[1] en 1988 é unha xornalista, escritora, integradora social e mediadora intercultural afrodescendente residente en Sada (A Coruña). Impulsou o proxecto educativo Mujeres Negras que cambiaron el Mundo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Converteuse en xornalista e integradora social, formándose tamén en mediación intercultural e dinamización comunitaria.[2]

Foi unha das cofundadoras de Afrogalegas, un colectivo que trata de impulsar a visibilidade e recoñecemento ás mulleres africanas e afrodescendientes.[3] Ademais, como activista dos dereitos humanos das persoas afrodescendientes participou en diversos congresos nacionais e internacionais.[2][4][5] Formou parte do VIII Encuentro Cultura y Cidadanía promovido polo Ministerio de Cultura e Deporte.[2]

En 2019, publicou o libro Mujeres negras en la ciencia, ilustrado por Nina Sefcik.[6][7] Este libro, orientado a un público infantil e xuvenil, busca dar visibilidade ás achegas que realizaron mulleres negras e/ou afrodescendentes á historia universal.[8][9][10] Foi traducido ao catalán pola Editorial Wanafrica.[10]

Álvarez Palomino foi a impulsora do proxecto educativo Mujeres negras que cambiaron el mundo, que busca fomentar a representación respectuosa da muller africana e afrodescendiente a través da literatura e da programación de actividades como talleres e charlas.[1][2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2019, a Domus organizou unha exposición baseada no libro de Álvarez Palomino, Mulleres negras na ciencia.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Mujeres negras que cambiaron el mundo" (en castelán). 2019-01-15. Consultado o 2023-11-16. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "VIII Encuentro Cultura y Ciudadanía: "Cuerpos y culturas. Diversidad étnico-racial, participación cultural y convivencia"". 2022. Consultado o 7 de octubre de 2023. 
  3. "¿Podrías mencionar el nombre de una científica negra?" (en castelán). 2019-02-26. Consultado o 2023-10-07. 
  4. "PROGRAMA CIGE 2023" (en castelán). Consultado o 2023-10-06. 
  5. "Xornada "Xustiza social e emprego" | Universidade de Santiago de Compostela". Consultado o 2023-10-06. 
  6. Álvarez Palomino, Zinthia; Sefcik, Nina; Soler, Antoinette T. (2019). Mujeres negras en la ciencia. Zinthia Palomino. ISBN 978-84-09-08025-0. Consultado o 2023-10-06. 
  7. Alonso, Tania (2021-02-19). "Zinthia Álvarez, tras las huellas de las mujeres negras que cambiaron el mundo" (en castelán). Consultado o 2023-10-07. 
  8. "Zinthia Álvarez: “É importante crear referentes para as nenas e nenos negros desta sociedade”" (en local). Consultado o 2023-10-06. 
  9. 9,0 9,1 "Inauguración de la muestra sobre científicas negras" (en castelán). 2019-04-09. Consultado o 2023-10-06. 
  10. 10,0 10,1 "datos.bne.es" (en castelán). Consultado o 2023-10-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]