Zhang Ran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaZhang Ran
Biografía
Nacemento10 de novembro de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Taiyuan, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Ámsterdam (2006–2016) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfotógrafa , pintora , acuarelista , escritora Editar o valor em Wikidata

Páxina webranzh.com Editar o valor em Wikidata

Zhang Ran (chinés simplificado: 张冉; pinyin: Zhāng Rǎn), nado en Taiyuan, provincia de Shanxi en 1981, é un escritor chinés de ciencia ficción.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zhang Ran lincenciouse en Informática na Universidade Jiaotong de Pequín. Pasado un tempo no sector da tecnoloxía da información, traballou como xornalista e analista de novas económicas no Economic Daily e no China Economic Net, a súa labor como comentarista estes anos foi premiada cun China News Award, galardón que concede a Asociación de Xornalistas Chineses. En 2011 deixa o seu traballo e trasládase ao sur da China para adicarse a tempo completo á literatura. Empezou a publicar ciencia ficción en 2012, debutando co seu relato Yitai (以太, "O éter"), que gañou tanto o premio Yinhe como o Nebula. A súa novela curta Qi feng zhi cheng (起风之城, "A cidade do vento", 2013) foi así mesmo finalista destes mesmos premios.

Zhang Ran rexentou durante varios anos unha cafetaría en Shenzhen. Tamén se lle coñece unha faceta pública de blogueiro de viaxes, onde evita os circuítos por avión; para acudir á Woldcon de Helsinqui de 2017, realizou todo o traxecto en tren, partindo de Shenzhen, ao sur da China, desde onde viaxou cara ao norte, cara a Pequín, para a continuación atravesar Siberia e seguir a viaxe deténdose en Moscova e San Petersburgo.[1]

Traducións dos seus contos están dispoñíbeis na revista Clarkesworld e na antoloxía Watchlist: 32 Stories by Persons of Interest

A súa obra JInyang san chi xue (晋阳三尺雪, "A neve de Jinyang", 2014) é un referente do chuanyue 穿越 (un xénero de ficción de viaxes no tempo cun análogo occidental próximo na obra Un ianqui na corte do rei Arturo de Mark Twain, traducida ao galego por Carlos Acevedo)[2]. Este libro transcorre nun século X alternativo, con base no antigo Estado independente de Han ou Gran Han, da historia real chinesa, a historia comeza no ano 979, con Jinyang baixo asedio do exército da dinastía Song, evento de acordo aos feitos históricos chineses. Mais a partir dese punto a historia real diverxe pivotando sobre o efecto que tivo os avances en Física do Instituto da Cidade Oriental sobre a poboación. Como a súa descuberta temperá de Internet causa de que os escribas shatuos se enganchen aos foros online, comportándose coma troles neles, que a poboación desfrute de elementos pop anacrónicos como as lentes de sol Rayban ou unha enorme Nora no mercado da provincia de Shanxi. O escriba shatuo e trol de Internet, especialista en alquimia, Zhu Dagun será o encargado de derimir sobre os mellores argumentos entre renderse ou loitar contra o asedio do exército Song.

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • 张然 (A literatura chinesa traducida en España)