Zeatina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zeatina
Identificadores
Número CAS 1637-39-4
PubChem 449093
ChemSpider 395716
UNII 7I6OOJ9GR6
ChEBI CHEBI:16522
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C10H13N5O
Masa molar 219,24 g mol−1
Aspecto pos cristalinos de brancos crus a amarelos
Punto de fusión 208–210 °C; 406–410 °F; 481–483 K
Solubilidade en 1M NaOH Soluble
Perigosidade
LD50 2200 mg/kg (rato, transperitoneal)

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A zeatina é unha citoquinina derivada da adenina, que aparece nas formas isómeras cis e trans e conxugados. A zeatina descubriuse en grans de millo inmmaduros do xénero Zea. Promove o crecemento de xemas laterais e orixina plantas máis frondosas.

Distribución[editar | editar a fonte]

A zeatina e os seus derivados aparecen en moitos extractos de plantas e son os ingredientes activos no leite de coco, que causan o crecemento das plantas.[1]

A 6-(γ,γ-dimetilalilamino)purina é un precursor da zeatina.[2]

Aplicación[editar | editar a fonte]

A zeatina ten diversos efectos como:

  1. Promove a iniciación do calo cando se combina coa auxina, concentración 1 ppm.
  2. Promove a maduración dos froitos. Zeatina a 100 ppm + GA3 500 ppm + NAA 20 ppm, aplicada en spray no día 10ª, 25ª e 40ª despois da floración.
  3. Retarda o amarelecemento dos vexetais, 20 ppm, en spray.
  4. Causa o crecemento de talos auxiliares e flores.

A zeatina pode aplicarse tamén para estimular a xerminación das sementes e o crecemento de plántulas.

A zeatina tamén promove a resistencia do tabaco contra o patóxeno bacteriano Pseudomonas syringae, na cal a zeatina trans ten un efecto máis pronunciado que a cis. [3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. David W. S. Mok; Machteld C. Mok (1994). Cytokinins: Chemistry, Activity, and Function. CRC Press. p. 8. ISBN 0-8493-6252-0. 
  2. "6-(γ,γ-Dimethylallylamino)purine BioReagent, suitable for plant cell culture, 1 mg/mL". MilliporeSigma | United States. Consultado o 2021-10-12. 
  3. Großkinsky, D.K.; Edelsbrunner, K.; Pfeifhofer, H.; van der Graaff, E.; Roitsch, T. (2013). "Cis- and trans-zeatin differentially modulate plant immunity.". Plant Signaling & Behavior 8 (7): e24798. PMC 3906432. PMID 23656869. doi:10.4161/psb.24798. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]