Zarabatana

A zarabatana[1] (orixinaria da palabra árabe zarabatan) é unha arma que consiste nun tubo orixinalmente de madeira, pero que tamén pode ser de metal ou plástico, polo cal son soprados pequenos dardos, frechas ou proxectís. A zarabatana é unha arma, non un xoguete, podendo inflixir danos graves. Existen restricións a súa venda no Reino Unido, no Canadá e nalgúns estados americanos.
No presente, o tiro de competición con zarabatana é practicado en todo o mundo, en especial nos Estados Unidos da América.
As zarabatanas son utilizadas polos pobos indíxenas de América do Sur (Amazonia e Güiana) e sueste da Asia, que as empregan para cazar pequenos animais, como paxaros, esquíos, macacos e coellos. As frechas utilizadas (moi lixeiras) roldan os 10 ou 15 cm de longo, e teñen puntas envelenadas ou sustancias tóxicas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Os Xogos: Anacos da historia dun pobo" (PDF). Blog >Xerais. Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zarabatana ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Speck, Frank G. "The Cane BlowGun in Catawba and Southeastern Ethnology" in American Anthropologist 40:2 (Apr.-Jun., 1938), pp. 198–204.
- Sustak, David. 2007. Fukiyado: The Way of the Sport Blowgun. 258 pp.
- Juan F. Marino, Sumpitan - Il Grande Libro della Cerbottana (le origini, la storia, la tecnica, lo sport), Edarc Edizioni, 2007 (só en italiano). 273 pp.
- Marinas, Amante P., Sr. 1999. "Pananandata Guide To Sport Blowguns." 110 pp.