Rodapé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
En cor azul o rodapé nunha parede.

O rodapé ou zócolo é a franxa na parte inferior dunha parede que está pintada dunha cor distinta a esta ou feita doutro material.[1][2] O termo friso refírese só á faixa cando se pinta doutra cor[3] e non ter que ir obrigatoriamente a rentes do chan.

Os rodapés adoitan estar formados por un conxunto de táboas de madeira, aínda que, como dixemos, pode tratarse doutro material como pedra, mármore, plástico, cerámica etc, sendo a súa finalidade protexer a parede de patadas, desgaste e da sucidade do chan ou durante a súa limpeza, e, por veces, decorala[4]. A colocación da tira faise ao redor das paredes de aí o nome roda+pé. O rodapé pode ir pegado ou parafusado á parede. Algúns rodapés ou zócolos teñen adornos con fins decorativos.

Tamén se coñece co nome de rodapé á parte final dun texto ou páxina, que non pertence ao seu corpo, tamén chamado simplemente de pé.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zócolo..
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rodapé.
  3. Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
  4. VV. AA. (2012) Vocabulario forestal, Universidade de Santiago de Compostela, Deputación de Lugo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]