Yusuf Antuan Suif

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaYusuf Antuan Suif
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Chekka, Líbano (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arcebispo católico
1 de novembro de 2020 –
← Georges Bou-Jaoudé (en) Traducir
Arcebispo católico
6 de decembro de 2008 –
← Boutros Gemayel (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica maronita Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificio Instituto Oriental Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2008–), sacerdote católico (1987–) Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónNasrala Pedro Sufair Editar o valor em Wikidata

Yusuf Antuan Suif[1][2] (en árabe: يوسف انطوان سويف), nado no Líbano o 14 de xullo de 1962, é un eclesiástico católico maronita, dende 2008 arcebispo de Chipre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Xakka,[3] unha vila costeira da gobernación do Líbano Setentrional. Completou os estudos secundarios no seminario patriarcal de San Marón en Ghasir en 1982, e posteriormente estudou Teoloxía na Universidade Espírito Santo de Kaslik, graduándose en 1987. Foi ordenado sacerdote o 5 de setembro de 1987 polo arcebispo de Trípoli Antun Xubair. En 1992 doutorouse polo Pontificio Instituto Oriental, en Roma.

Foi elixido arcebispo de Chipre polo Santo Sínodo da Igrexa Maronita. Recibiu a consagración episcopal o 6 de decembro de 2008, de mans do patriarca de Antioquía Nasrala Pedro Sufair.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Romanización do nome árabe segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito (2007).
  2. Tamén Joseph Soueif, segundo a adaptación e romanización francesa do seu nome.
  3. Annuario Pontificio (en italiano). Libreria Editrice Vaticana. 2009. p. 181. ISBN 9788820981914.