Young Marble Giants

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Young Marble Giants
OrixeCardiff, Gales Gales
Período1978 - 1980
Xénero(s)post-punk
Selo(s) discográfico(s)Z Block Records, Rough Trade, Domino
MembrosPhilip Moxham
Stuart Moxham
Alison Statton
Peter Joyce
Na rede
http://www.youngmarblegiants.com/
Facebook: YoungMarbleGiantsOfficial Spotify: 0tQ2Q4y9iUkKszxXyB14ZH Last fm: Young+Marble+Giants Musicbrainz: 3d113367-769f-4200-9ff8-e19d47def451 Songkick: 482928 Discogs: 83078 Genius: Young-marble-giants Editar o valor em Wikidata

Young Marble Giants foi unha banda galesa de post-punk formada en Cardiff no ano 1978. A súa música xiraba ao redor das voces de Alison Statton e da instrumentación minimalista dos irmáns Philip e Stuart Moxham. O seu son inicial contrastaba fortemente co punk rock agresivo que dominaba a escena underground da época. Young Marble Giants publicaron só un álbum de estudio, Colossal Youth, en 1980. A banda separouse no ano 1981.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Os membros de Young Marble Giants estiveran anteriormente nunha banda chamada True Wheel, e cando este grupo separouse en 1978 os tres mozos, Alison Statton e os irmáns Philip e Stuart Moxham, montaron en Cardiff un novo conxunto sen batería.[1]

Ao principio da súa existencia o grupo tivo un cuarto membro, Peter Joyce, que era curmán dos irmáns Moxham. Joyce era un enxeñeiro de telefonía e un experto en electrónica, e fixera o seu propio sintetizador a partir dun kit. Facía sons semellantes ao dos sintetizadores de Brian Eno nos primeiros Roxy Music, e Kraftwerk, que empregaban electrónica 'low-tech/high-tech' semellante. Young Marble Giants usaba gravacións de cintas dunha caixa de ritmos caseira de feita por Joyce, xa que daquela non desexaban ter un batería. Tamén estaban interesados ​​en dispositivos de efectos como os moduladores de anel e as unidades de reverberación, con énfase sempre na sinxeleza.

O seu primeiro lanzamento en vinilo foi en outubro de 1979 no álbum recompilatorio Is the War Over? do selo DIY de Cardiff Z Block Records. A banda asinou entón co selo independente británico Rough Trade Records e lanzou dous EPs, Final Day e Testcard, e un álbum, Colossal Youth[2] (unha referencia ás estatuas de mármore do grego antigo "Kouroi", das que os YMG se inspiraron para o seu nome). A portada do álbum inspirouse no disco dos Beatles With the Beatles.

Tras o lanzamento do álbum a banda xirou internacionalmente por Europa e América do Norte para promocionalo, realizando algunhas actuacións con Cabaret Voltaire.[1] En xuño de 1980 publicaron o EP de catro temas Final Day, e en setembro a banda tocou no festival gótico Futurama Festival en Leeds.[3] O EP Testcard apareceu en marzo de 1981 e a banda separouse pouco despois.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Colossal Youth 1980 Rough Trade Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Young Marble Giants | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-05-11. 
  2. Larkin, Colin, ed. (1992). The Guinness who's who of indie and new wave music. Guinness who's who of popular music series. Enfield, Middlesex: Guinness. ISBN 978-0-85112-579-4. 
  3. "09/13/1980: Futurama 2 Festival 1980 @ Queens Hall | Concert Archives". Concertarchives.org.