You Made Me Realise
You Made Me Realise | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de My Bloody Valentine | |||||
Data de edición: | 8 de agosto de 1988 | ||||
Lanzamento: | {{{lanzamento}}} | ||||
Datas de gravación: | xaneiro de 1988 | ||||
Estudio(s) de gravación: | |||||
Duración: | 17:06 | ||||
Xénero musical: | noise rock, dream pop, shoegaze | ||||
Selo discográfico: | Creation Records | ||||
Producido por: | My Bloody Valentine | ||||
Cronoloxía | |||||
|
You Made Me Realise é o terceiro EP da banda de rock alternativo My Bloody Valentine, publicado o 8 de agosto de 1988 a través do selo Creation Records, sendo o seu primeiro disco lanzado a través desta discográfica.
Edición
[editar | editar a fonte]Tanto a versión en sinxelo como en EP publicáronse o 8 de agosto de 1988. A edición en sinxelo limitouse a 1 000 copias. A versión do EP de Mercury Records lanzouse en novembro de 1988 cos temas do seguinte EP da banda, Feed Me with Your Kiss.
O vídeo promocional foi dirixido polo ex-baixista de The Jesus and Mary Chain Douglas Hart.
Recepción
[editar | editar a fonte]O EP You Made Me Realise foi moi ben recibido pola crítica.
A revista Spin dixo que o disco era "aombroso".[1] AllMusic escribiu que o EP "fixo que os críticos se puxesen de pé e se decatasen das cousas brillantes que estaba facendo My Bloody Valentine; desenvolveu algúns dos impresionantes sons de guitarra que se converterían na marca da banda, e conta con temas que son igual de innovadores".[2]
En 2005 Stylus Magazine situou á liña de baixo da canción título no número 24 da súa lista das "50 mellores liñas de baixo da historia".[3]
Os usuarios da páxina web Rate Your Music cualificárono como o segundo mellor EP de todos os tempos.[4]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Kevin Shields, agás onde se indique.
Sixelo | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "You Made Me Realise" | 3:46 | |||||||
2. | "Slow" | 3:11 |
EP (versión de Creation) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "You Made Me Realise" | 3:46 | |||||||
2. | "Slow" | 3:11 | |||||||
3. | "Thorn" | 3:36 | |||||||
4. | "Cigarette in Your Bed" | 3:29 | |||||||
5. | "Drive It All Over Me" (Shields/Bilinda Butcher/Colm Ó Cíosóig) | 3:04 |
EP (versión de Mercury) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "You Made Me Realise" | 3:45 | |||||||
2. | "Slow" | 3:11 | |||||||
3. | "Cigarette in Your Bed" | 3:29 | |||||||
4. | "Feed Me with Your Kiss" | 3:56 | |||||||
5. | "Emptiness Inside" | 2:50 | |||||||
6. | "I Need No Trust" | 3:32 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reynolds, Simon (agosto de 2008). "'It's the Opposite of Rock 'n' Roll'". Spin.
- ↑ "You Made Me Realise [Creation] - My Bloody Valentine | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-08-22.
- ↑ "Stylus Magazine’s Top 50 Basslines Of All Time - Article - Stylus Magazine". stylusmagazine.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2021. Consultado o 2020-08-22. Arquivado 20 de xuño de 2021 en Wayback Machine.
- ↑ "Top EPs of All-time - Rate Your Music". rateyourmusic.com. Consultado o 2020-08-22.