Yapen
Yapen | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Arquipélago | Illas Schouten |
Coordenadas | 1°50′S 136°10′L / -1.833, -136.167Coordenadas: 1°50′S 136°10′L / -1.833, -136.167 |
Xeografía | |
Superficie | 2.278 km² |
Longura máxima | 170 km. |
Largura máxima | 30 km. |
Punto máis alto | 1.496 m. |
Demografía | |
Capital | Serui |
Yapen (tamén Japen, Jobi)[1] é unha illa pertencente ao arquipélago Schouten, na provincia de Papua, Indonesia. O estreito de Yapen separa Yapen e as Illas Biak ao norte. Está na baía de Cenderawasih da costa do noroeste da illa de Nova Guinea. Ao oeste atópase a illa Mios Num, a través do estreito de Mios Num, e ao leste a illa Kurudu. Na costa sueste de Yapen atópanse as Illas Amboi e ao suroeste as Illas Kuran. Pobóase coas comunidades Yobi, Randowaya, Serui, e Ansus. O seu punto máis alto ten 1.496 m.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira observación rexistrada polos europeos foi por Álvaro de Saavedra, que desembarcou o 24 de xuño de 1528 ao intentar volver de Tidore a Nova España. Foi cartografiada entón como "Paine" dentro das "Islas de Oro" (Illas de Ouro) como chamaron as Schouten. En 1545 visitouna Íñigo Ortiz de Retes a bordo do Galeón San Juan.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "History of expeditions in Papua Indonesia". The Papua Insects Foundation. Consultado o 2008-04-26.
- ↑ Coello, Francisco "Conflicto hispano-alemán" Boletín de Sociedad Geográfica de Madrid, t.XIX. 2º semestre 1885, Madrid, p.234,239,309,310,315,319
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yapen |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Selva tropical na illa de Yapen (en inglés)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |