Xulio Calviño Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de agosto de 1948 (76 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro , político |
Lingua | Lingua castelá |
Xulio Calviño Rodríguez, nado en Vigo o 19 de agosto de 1948,[1] é un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro Industrial pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Madrid. Foi profesor Titular da Escola Universitaria de Vigo. Foi militante do Partido Comunista de Galicia, do que foi responsable comarcal de Vigo[2] e encabezou a candidatura do PCG ao Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra nas eleccións autonómicas de 1981. Presidente da Asociación de Veciños de Lavadores. Rompeu co PCG en 1985 con Julio Pérez de la Fuente e presentouse ás autonómicas de 1985 encabezando a candidatura de Pontevedra do Partido Comunista de Galicia-Marxista Revolucionario (PCG (m-r)).[3] Despois pasouse ao PSOE e foi elixido concelleiro de Vigo nas eleccións municipais de 1991. É membro da Comisión Executiva Local do PSOE de Vigo. Foi nomeado membro do Consello Social da Universidade de Vigo en 2011.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoy cumplen años
- ↑ Conocidos vigueses en la dirección comarcal del Partido Comunista
- ↑ La Voz de Galicia, Vigo, 26-9-1985, p. 28.