Xoán Xurxo IV de Saxonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán Xurxo IV de Saxonia
Nacemento18 de outubro de 1668
Lugar de nacementoDresden
Falecemento27 de abril de 1694
Lugar de falecementoDresden
CausaVaríola
SoterradoFreiberg Cathedral
NacionalidadeAlemaña
Relixiónluteranismo
Ocupaciónaristócrata, político e soldado
PaiXoán Xurxo III de Saxonia
NaiAna Sofia da Dinamarca
CónxuxeLeonor Edmunda de Saxe-Eisenach
FillosWilhelmina Maria Frederica of Rochlitz
IrmánsJohann Georg Maximilian von Fürstenhoff e Augusto II el Fuerte
PremiosOrde da Xarreteira e Knight of the Order of the Elephant
Na rede
WikiTree: Wettin-41
editar datos en Wikidata ]

Xoán Xurxo IV de Saxonia, nado en Dresden, 18 de outubro de 1668 e finado en Dresden o 27 de abril de 1694, foi elector de Saxonia e membro da Casa de Wettin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xoán Xurxo era o fillo máis vello do elector Xoán Xurxo III e da súa esposa Ana Sofía de Dinamarca, e sucede ó seu pai tras a súa morte o 12 de setembro de 1691.

A principios do seu reinado o seu conselleiro de maior confianza foi Hans Adam von Schöning, quen o encamiñou cara a unha unión entre Saxonia e Brandeburgo, en busca dunha actitude de independencia do emperador. Fáiselle a proposta a Leopoldo I de Habsburgo quen non quixo aceptar, e a consecuencia, as armas imperiais ameazaron ao electorado. Para rematar coas controversias e afastar o perigo, o conselleiro Schöning foi posto en prisión en xullo de 1692. O ano seguinte, o emperador contraeu un acordo con Xoán Xurxo que reportaba unha estreita alianza entre o electorado e o Imperio.

En Leipzig o 17 de abril de 1692, Xoán Xurxo contraeu matrimonio con Eleonora Edmunda de Saxonia-Eisenach, Margravina viúva de Brandenburg-Ansbach. O mozo elector foi forzado a casar pola súa nai, Ana Sofía de Dinamarca, coa clara intención de dar herdeiros lexítimos ó electorado.

O matrimonio de Xoán Xurxo foi bastante infeliz, e buscou consolo nos brazos do seu amante Madalena Sibila de Neidschutz. O seu pai xa tratara de separalos, preocupado pola súa proximidade sanguínea: en realidade, Madalena, era filla ilexítima do elector Xoán Xurxo III e de Úrsula Margarida de Haugwitz; por orde do elector Úrsula casou co Coronel Rodolfo de Neidschutz, quen debía aparentar ser formalmente o pai da nena. Como consecuencia, Xoán Xurxo e Madalena Sibila eran medios irmáns.

Probablemente o mozo Xoá Xurxo xamais estivo ao corrente da estreita relación familiar que o unía co seu amante e axiña que morreu o seu pai e tomou o seu posto, viviu con ela abertamente e converteuse na súa "favorita" ou amante oficial.

A súa esposa, Eleonora Edmunda, cada día máis humillada polo seu marido, foi relegada a Hofe, que era a residencia oficial dos electores, mentres Xoán Xurxo se foi con Madalena Sibila a vivir a outro palacio.

Tolamente namorado da súa amante e con serias intencións de casar con ela, Xoán Xurxo tentou asasinar a súa muller. Isto foi evitado grazas á intervención do seu irmán máis novo Frederico Augusto, cando Xoán Xurxo tratou de atravesar a Eleonora coa espada, o desarmado Frederico Augusto logrou desviar o golpe coas mans espidas. Isto causoulle unha discapacidade permanente.

O 20 de febreiro de 1693, Madalena Sibila foi nomeada Condesa de Rochlitz (Reichgrafïn von Rochlitz) cun Decreto Imperial. Pouco antes dera a luz á única filla da parella, Guillermina María. Ó lexitimala, o Rei e a Raíña de Inglaterra, foron os seus padriños. Pero a felicidade non durou moito xa que ó pouco tempo a recente nai contraeu varíola e morreu o 4 de abril de 1694 en brazos de Xoán Xurxo, quen contraeu tamén a doenza.

Xoán Xurxo faleceu vinte e tres días máis tarde, o 27 de abril e foi sepultado na Catedral de Friburgo.

Ó morrer sen herdeiros foi sucedido como elector polo seu irmán Frederico Augusto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Karlheinz Blaschke: Johann Georg IV.. In: Neue Deutsche Biographie (NDB). Band 10, Duncker & Humblot, Berlin 1974, ISBN 3-428-00191-5, S. 527 f. (Digitalisat).
  • Heinrich Theodor Flathe: Johann Georg IV. In: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Band 14, Duncker & Humblot, Leipzig 1881, S. 384–386.
  • Jürgen Helfricht: Die Wettiner - Sachsens Könige, Herzöge, Kurfürsten und Markgrafen, Sachsenbuch Leipzig 4. aktualisierte Auflage 2007 ISBN 3-89664-044-5
  • Frank-Lothar Kroll: Die Herrscher Sachsens: Markgrafen, Kurfürsten, Könige 1089–1918, Verlag C. H. Beck, München 2007, S. 160 ff. (Digitalisat)
  • Wolfgang Sommer: Die lutherischen Hofprediger in Dresden, Frank Steiner Verlag Stuttgart 2006, S. 236 (Digitalisat)
  • Franz Otto Stichart: Das Königreich Sachsen und seine Fürsten, Leipzig 1854, S. 221 ff.(Digitalisat)
  • Hans-Joachim Böttcher: Johann Georg IV. von Sachsen & Magdalena Sibylla von Neitschütz - Eine tödliche Liaison, Dresden 2014, ISBN 978-3-941757-43-1