Xoán VIII Paleólogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán VIII Paleólogo
Xoán VIII Paleólogo, por Benozzo Gozzoli.
Nacemento18 de decembro de 1392
Lugar de nacementoConstantinopla
Falecemento31 de outubro de 1448
Lugar de falecementoConstantinopla
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónmonarca
PaiManuel II Paleólogo
NaiHelena Dragas
CónxuxeAna de Moscovo, Maria de Trebizonda, Sofia de Montferrat e Sofia de Montferrat
IrmánsTeodoro II Paleólogo, Demetrio II Paleólogo, Andrónico Paleólogo, Constantino XI e Tomé Paleólogo
Na rede
WikiTree: Palaiologos-6
editar datos en Wikidata ]

Xoán VIII (16 de decembro de 1392 - Constantinopla, 31 de outubro de 1448), alcumado Paleólogo foi emperador bizantino e fillo máis vello de Manuel II. En 1425 pasou a ser emperador en solitario. Casou dúas veces: primeiro con Ana, filla do Gran duque Basilio I de Moscova, en 1414; e logo con Sofía de Montferrato en 1421, cando foi nomeado co-emperador xunto ao seu pai. Non tivo fillos de ningún dos dous matrimonios.

Para buscar protección fronte á ameaza dos turcos otománs, visitou o Papa e aceptou a unión das igrexas grega e latina, o que se ratificou en Florencia en 1439. En devandita viaxe estivo acompañado por Xurxo Gemisto Pletón, un filósofo neoplatónico que tería unha grande influencia sobre o mundo académico italiano, así como sobre o Renacemento en toda Europa occidental. A unión da igrexas fracasou, pero grazas á súa prudente política ante o Imperio Otomán logrou conservar Constantinopla e en 1432 resistiu un asedio do sultán Murad II.

Designou o seu irmán Constantino XI como sucesor, e, malia as intrigas dos seus irmáns máis novos, Demetrio e Tomé, a súa nai, Helena Dragas, conseguiu asegurarse a sucesión de Constantino.

Imperio Bizantino

Segue a:
Manuel II Paleólogo
Xoán VIII Paleólogo
Precede a:
Constantino XI
Dinastía Paleólogo