Saltar ao contido

Xosé Troiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Troiano
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Camariñas, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5768902 Dialnet: 5218678

Xosé Troiano Carril, nado en Camariñas o 17 de marzo de 1970, é un investigador camariñán e divulgador da historia e do patrimonio galego en xeral.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Colaborador de diversas asociacións culturais vinculadas especialmente a Camariñas, ten traballado na recuperación da historia da súa poboación natal. Participa con artigos nos xornais coruñeses La Voz de Galicia, HistoriadeGalicia.gal e Camariñas.eu. ademais colabora desde o seu nacemento en Patrimonio Galego[1] contando con máis de 1.300 fichas[2]. Nos últimos anos investigou sobre os fundidores de campás en Galicia[3], catalogando tanto mestres fundidores como campás, colaborando tamén nunha web valenciá chamada "Campaners.com". Nunha entrevista[onde?] comentou que xunto con Estanislao Fernández de la Cigoña están elaborando un traballo de catalogación en Galicia, de máis de 250 fundidores e case 4000 campás. En 2022, xunto con oito campaneiros fundaron a Asociación Cultural de Campaneiros de Galicia, tocando en lugares como a Catedral de Mondoñedo ou de Santiago de Compostela e dando charlas como no 1º congreso aberto sobre o toque manual de campás na parroquia de San Xurxo de Cereixo na Estrada (Pontevedra).

  • Camariñas, Corazón da Costa da Morte, 2017, Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía. ISBN 978-84-92867-288.
  • "Campás de Muros e Serres (I)". 2019. The Muros Times.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • "Campás das igrexas de Santiago, San Xurxo e Santa María do Campo da Coruña". Anuario Brigantino, 1130-7625, Nº. 40, 2017, pp. 393-410.
  • "Campá e reloxo da Casa Consulado". 2017-2018. Revista Abrente, Boletín de la Real Academia de Bellas Artes. Nº 49-59, pp 305-310. A Coruña.
  • "Campás de Anllóns". 2019, con Estanislao Fernández de la Cigoña. Revista Aunios. Maio 2019. nº 24. pp.6-8.
  • "Campás e campaneiros da Estrada". 2023, con Luís Ferro Pego. Revista A Estrada, Miscelánea histórica e cultural, Nº 26, pp 51-98.
  • "Fundidores de campás asentados en San Pedro de Orazo (A Estrada)". Actas do primeiro congreso galego do toque manual de campás (Cereixo, A Estrada: 6 de maio de 2023). pp. 13-26. ISBN 9788492867417.
  • "Campás e reloxo monumental de San Xurxo de Cereixo (A Estrada)" con Estanislao Fernández de la Cigoña. Actas do primeiro congreso galego do toque manual de campás (Cereixo, A Estrada: 6 de maio de 2023). pp. 27-36. ISBN 9788492867417.
  1. "Os nosos catalogadores: Xosé Troiano". Patrimonio Galego. Consultado o 17 de maio de 2021. 
  2. "Unha década da wikipedia do noso patrimonio". Patrimonio Galego. Consultado o 17 de maio de 2021. 
  3. "Fotos - Troiano Carril, Xosé". campaners.com. Consultado o 2021-04-14. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]