Xosé Luís Rei Núñez
Para o artigo do escritor coruñés, véxase Luís Rei Núñez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 O Grove, España |
Morte | 9 de agosto de 2015 (54/55 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | bibliotecario , escritor |
Lingua | Lingua galega |
Xosé Luís Rei Núñez,[1] coñecido como Luís Rei, nado no Grove en 1960 e finado en Pontevedra o 9 de agosto de 2015,[2] foi un bibliotecario e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesor de EXB, bibliotecario e técnico de cultura do Concello de Cambados. Foi concelleiro do BNG no Grove. Investigou sobre vida e obra de Ramón Cabanillas, foi promotor da conmemoración do Ano Cabanillas en 2009 e comisario da exposición Ramón Cabanillas. A roseira dos recordos, aberta co gallo da celebración. Foi presidente da Asociación Ecoloxista do Grove, presidiu o Colectivo Ecoloxista do Salnés, foi fundador da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial en 1993, membro destacado do Comité Organizador da VII Edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, en Cambados en 2005 e dirixiu a revista Ardentía.
Recibiu o Premio Ramón Cabanillas en 2015.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]Artigos
[editar | editar a fonte]- "Cabanillas en Cambados, a forxa dun poeta" (2000)
- "Ramón Cabanillas: a disidencia republicana" (2006)
Libros
[editar | editar a fonte]- Ramón Cabanillas, xornalista cambadés (2001), con Xabier Camba.
- Camiño longo. Antre as roseiras de Cabanillas (2004).
- Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades (2009).
- Basiliana. Materiais para unha biografía de Basilio Álvarez que ficou inconclusa (2022). Lobishome Producións. A edición anotada leva a sinatura de Emilio Xosé Ínsua e o epílogo é unha contribución de Francisco Fernández Rei.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A Biblioteca municipal de Cambados, situada na Casa dos Fraga, foi bautizada co nome de Luís Rei en 2015.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ consellodacultura.gal (ed.). "LUÍS REI. O Grove (Pontevedra) - Pontevedra no Consello da Cultura Galega". Consultado o 22 de decembro de 2022.
- ↑ "Morre Luís Rei, activista cultural e biógrafo de Cabanillas". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2015. Consultado o 20 de maio de 2016.
- ↑ Redacción (26 de febreiro de 2015). "El Concello de Cambados recibe el sábado el mayor legado documental de la familia Cabanillas". avozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2023.