Xosé Silva Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Xosé Silva Martínez
José Silva.jpg
Nacemento 20 de abril de 1894
  Santiago de Compostela
Falecemento 1949
  Venezuela
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Xosé Silva Martínez nado en Santiago de Compostela o 20 de abril de 1894 e finado no exilio venezolano en xuño de 1949, foi un dirixente do Partido Comunista. O seu pensamento, aínda que de ideoloxía claramente comunista, con fortes crenzas na utopía soviética, estaba fortemente conectado co galeguismo e a ansia de servir fundamentalmente ao pobo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xosé Silva, no centro da imaxe.

Na súa cidade natal comezou a traballar como canteiro, e chegou a ocupar o posto de Secretario do Gremio de Canteiros de Santiago de Compostela. Realizou o servizo militar en África, onde pasa cinco anos. Esta experiencia inflúe na súa concepción do mundo; da inxustiza social, a diferenza de clases...

Iniciouse en política como militante do PSOE, pero axiña pasou ao Partido Comunista. Dende moi novo participa na loita e axitación social, organizando folgas e manifestacións. En 1919 ocupou o posto de director do semanario Lucha Social.

O 23 de xullo de 1920 casou con Severina Araújo Ríos, con quen tivo cinco fillos. Entre 1925 e 1928 foi secretario xeral do Comité Rexional do Partido Comunista de Galiza.

Nas eleccións de 1933 o Partido Comunista presentou 188 candidatos en 40 provincias. Só logrou acta Cayetano Bolívar Escribano por Málaga. Xosé Silva Martínez preséntase nas catro provincias galegas sendo o máis votado pola provincia da Coruña (6733), o segundo máis votado na provincia de Lugo (296), e o cuarto máis votado por Ourense (1461). Tamén se presentou pola provincia de Pontevedra, pero descoñécense os resultados.

Máis adiante trasladouse a Madrid, onde continuou a súa actividade política. De alí pasou a establecerse en Barcelona. Foi redactor de Mundo Obrero, e escribía o editorial da revista, que editaba con outros camaradas na súa casa, na clandestinidade.

Xosé Silva, arriba á dereita.

Guerra civil[editar | editar a fonte]

Posteriormente volveu a Madrid coa súa familia, pero, ao ser proposto polo seu partido para deputado por Estremadura, trasladouse por un tempo a esa comunidade, para realizar a campaña electoral. Mentres se atopaba alí, sorprendeuno o estalido da guerra civil. Viuse obrigado a soterrar na leira dun amigo as súas pertenzas, e volveu a Madrid atravesando os montes, para evitar ser descuberto. Na capital loitou activamente a favor da República e contra as forzas fascistas. Enrolouse na milicia, e chegou a comandante.

Cos rumores de que a capital caería en poder das tropas de Franco, a familia mudouse a Albacete. Alí foi nomeado Secretario Xeral do Instituto de Reforma Agraria do Ministerio de Agricultura, no ano 1937. Debido ao seu novo cargo, a familia trasladouse a Valencia, onde se atopaban os ministerios. Encontrábase temporalmente en Barcelona cando as tropas de Franco tomaron Tarragona, quedándose entón illado, razón pola cal viuse obrigado a fuxir a Francia, para non volver máis.

Exilio[editar | editar a fonte]

En Francia foi internado no campo de concentración de Barcarès. De alí, envíano á República Dominicana. Despois trasladouse a Colombia, para instalarse definitivamente en Venezuela. En todos estes países seguiu co seu labor político, ofrecendo mitins e conferencias.

A súa morte, en xuño de 1949, debido a unha anxina de peito, foi transmitida por Radio España Independente Estación Pirenaica.

Tumba de Xosé Silva Martínez en Caracas.

Obra[editar | editar a fonte]

Non se conservan os datos de toda a súa produción, debido a que a maior parte foi destruída durante a guerra civil. Do que se conserva, destacan entre outros os folletos:

  • La revolución popular en el campo: colectividades agrícolas. (Barcelona, crese que no 1937).
  • Cómo se forja la democracia campesina en España. (Valencia 1938)
  • "La revolución y el movimiento nacionalista"[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]