Xosé Manuel Reboredo Baños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Manuel Reboredo Baños
Nacemento1958
 Cuntis
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Xose Manuel Reboredo Baños, nado en Cuntis en 1958, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse na política local da Estrada en 1991 na lista do PPdeG, encabezada por Elvira Fernández. Na súa vida política tivo responsabilidades de goberno, como as concellarías de Deportes, Cultura e, na última lexislatura, Urbanismo. Tamén foi secretario xeral do partido na Estrada durante varios anos. No 2007 tivo discrepancias co PP polo cal abandonou a formación e concorreu as eleccións coa marca Cidadáns de Galicia, coa cal logrou dous concelleiros. Posteriormente, en agosto de 2009, ambos deixaron o partido[1], incorporándose ao PPdG [2]. En marzo de 2011 anunciou o seu abandono da política local[3].

En 2012 era o director do C.E.I.P de Figueroa, situado no Concello da Estrada.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]