José Luis Valladares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Luis Valladares Fernández»)
Infotaula de personaJosé Luis Valladares

José Luis Valladares nunha xuntanza con Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en 2019.
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Alcalde de San Cristovo de Cea
1991 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo San Cristovo de Cea Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

José Luís Valladares Fernández, nado en 1946, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura de Centristas de Galicia á alcaldía de San Cristovo de Cea e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 foi o candidato do PPdeG e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. Foi deputado provincial ata 2011[1].


Predecesor:
José Hipólito Rodríguez Presas
 
Alcalde de San Cristovo de Cea
 
1991 - actualidade
Sucesor:
no cargo


En 2024 foi condenado a un ano de cárcere por uns vertidos feitos a un rego, o Rego do Toxo, mais permaneceu no cargo[2], cunha inhabilitación parcial limitada só a temas que teñan que ver coa xestión da auga e dos residuos[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]