Xosé Domínguez
Aparencia
Xosé Domínguez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Xosé Domínguez Vázquez | ||
Nacemento | 15 de xaneiro de 1962 (62 anos) | ||
Lugar de nacemento | Pontevedra | ||
Altura | 1,83 m | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Lemos | |||
1984–1985 | Palencia | 14 | (0) |
1985–1986 | Arosa SC | 7 | (0) |
1986–2000 | Lugo | 220 | (1) |
Os rexistros co Lugo corresponden só entre 1992 e 2000 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Xosé Domínguez Vázquez, nado en Pontevedra o 15 de xaneiro de 1962, é un exfutbolista galego. Xogaba de porteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Domínguez xogou durante case todo a súa carreira no CD Lugo, co que conseguiu o ascenso á Segunda División en 1992 e formando parte ao ano seguinte, tempada 1992–93, do equipo do CD Lugo que xogou na categoría de prata, descendendo ao final da mesma. Nesta campaña disputou 22 partidos, recibindo 22 goles e dúas 2 tarxetas amarelas. Na anterior tempada marcou un gol no Estadio Los Pajaritos ante o Numancia en Segunda B dende a súa propia portería.