Xosé Castro Roig
Xosé Castro Roig | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 19 de novembro de 1968 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | presentador de televisión e tradutor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xosé Castro.
Xosé Castro Roig, coñecido como Xosé Castro, nado na Coruña o 19 de novembro de 1968 é un tradutor e presentador de televisión galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como tradutor autodidacta, especializouse en tradución audiovisual e de software do inglés ao español[1]. É coñecido por copresentar dende 2005 o programa televisivo Palabra por palabra, en TVE2, canda á xornalista Francine Gálvez. Tamén ten realizado colaboracións en radio e en distintos medios dixitais.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La traducción audiovisual tiene su futuro en la TV por cable" Arquivado 19 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., La Información, citado na web da Universidade de Alacant.