Xosé Carlos Morell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Carlos Morell
Xosé Carlos Morell González.jpg
Nacemento2 de outubro de 1968
 Vigo
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Xosé Carlos Morell González, nado en Vigo en 2 de outubro de 1968, é un empresario galego, consultor, mediador e intérprete en negocios, lexislacións e idiomas internacionais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa, estudou na Universidade de Navarra e na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi por tres anos Secretario do colexio maior adscrito da Estila. En 2001, completou estudos de post-grado en Dirección Comercial e mercadotecnia no IESIDE e, en 2002, en Dirección Financeira e Contábel na Universidade de Barcelona.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Exerceu durante 9 anos como profesor en colexios privados da Coruña e Vigo. Foi mestre convidado a dar clases na Universidade de Vigo, Universidade de Santiago e a Universidade de Macau. Foi Protector no Shenzhen Public Welfare Center (深圳市龙岗区会福利中心) en 2002.[Cómpre referencia]

En 13 de maio de 2013 presentou no Plenario do Parlamento de Galiza a Iniciativa Lexislativa Popular Valentin Paz Andrade[1], con máis de 17.000 sinaturas censadas e que foi aprobada por unanimidade tras un histórico discurso sobre a Lusofonía[2] no plenario do Parlamento galego[3]. A seguir, dirixiu as negociacións cos grupos parlamentarios galegos para que a Lei resultante fose tamén aprobada por unanimidade,[4] cousa que aconteceu en 24 de marzo do 2014,[5] sendo coñecida como Lei Valentin Paz-Andrade.

Colaborou xunto a Agustín Fernández Paz co Goberno galego e o Concello de Vigo no deseño e dirección da campaña de normalización lingüística no ensino " En galego vivo Vigo, en galego Vigo vai" realizada por "Item Aga"[6].

Traballou dende moi novo para a Fundación Isla Couto da man directa do histórico Xaime Isla Couto no Igesco (Instituto Galego de Estudos Comunitarios), creado por Isla Couto para suscitar a consciencia de comunidade na Galiza, onde desenvolveu nos anos 1990 a revista "Redaccion Xove", unha publicación na Universidade de Vigo aberta ás colaboracións dos estudantes e profesores, sendo a primeira en lingua galega. Tamén colaborou dentro da mesma Fundación na histórica publicación “Badal” dirixida a todas as igrexas católicas de Galiza para facilitar a litúrxia na lingua propia. Participou activamente nas conversas coas institucións xerárquicas de Tui-Vigo, co resultado de oficiar na liturxia uns mínimos en lingua galega.[Cómpre referencia]

Desde 2021 é Secretario Xeral da Asociación Impulsora da Casa da Lusofonía, e participou nas negociacións cos grupos políticos do Congreso e do Senado español para lograr a unanimidade política que permitiría situar a Casa da Lusofonía en Ourense.[Cómpre referencia]

Xosé Carlos Morell

Foi investigador asociado no IGADI, especializado no ámbito lusófono europeo e chinés. Aquí en 2020 dirixiu o ciclo de conferencias "Galicia e Norte de Portugal nas relacións con Macau, UE e China, entre os Camiño a Santiago e a Nova ruta da seda"[7], onde por primeira vez a Secretaria Xeral do Foro Macau participou nunha actividade realizada na España.

Outras actividades[editar | editar a fonte]

Forma parte de varios consellos directivos e é membro do Padroado da Fundación Isla Couto, tamén da directiva da Fraternidade Galiza-Portugal e da directiva do Centro Portugués de Vigo, é membro da directiva na Pro-Academia da Lingua Portuguesa da Galiza. Colaborador de prensa no Praza Pública[8] e no Vinetur e tamén en publicacións como "Nós no mundo".

Traxectoria empresarial[editar | editar a fonte]

Foi accionista e xestor en "Edicións de Referencia", a sociedade creadora e impulsora do Xornal de Galicia. Durante a década dos 2000 e 2010, desempeñou o seu traballo profesional como xestor de exportacións no sector privado vitivinícola, abrindo mercados estratéxicos como Alemaña, os Estados Unidos ou China, e ficando xa para sempre vinculado persoal e profesionalmente a este país. Adícase profesionalmente á consultoría de internacionalización e é socio nas empresas Santiago winery co., Ltd. 聖地牙哥酒窖有限公司 e na DragonVocation Lda Financial, facilitando o intercambio comercial e financeiro entre o Arco Atlántico europeo e a nova Ruta da Seda chinesa.

Cooperación[editar | editar a fonte]

No inicio da pandemia do COVID-19 en 2020, utilizou as súas redes loxísticas para o envío de xeito desinteresado de material sanitario autorizado entre a China e a UE.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xosé Carlos Morell González, promotor da iniciativa "Valentín Paz Andrade", para incluír no ensino galego o portugués.". 20/05/2013. Consultado o 09/04/2021. 
  2. Fernández, Miguel Rodríguez. "Galiza aposta no ensino do Português para entrar no mundo lusófono". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2021-04-09. 
  3. "Parlamento galego aprova legislação para ensino da língua portuguesa - JPN". JPN - JornalismoPortoNet (en portugués). 0001-11-30. Consultado o 2021-04-09. 
  4. Pardo, David Lombao, Miguel (2013-05-14). "Unanimidad en el Parlamento para que Galicia "aproveche" la lusofonía". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-04-09. 
  5. "LEY 1/2014, de 24 de marzo, para el aprovechamiento de la lengua portuguesa y vínculos con la lusofonía.". xunta.gal. 8 de abril de 2014. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  6. "Proxecto - En Galego Vivo Vigo, en Galego Vigo Vai - Dirección Xeral de Política Lingüística e Concello de Vigo". item-aga.com. Consultado o 2021-04-09. 
  7. "Xacobeo 2021 e a ruta da seda. Camiños para os diálogos oriente-occidente". china.hub.gal. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  8. "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. Consultado o 2021-04-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]