Xosé Antonio Silva
Aparencia
(1973) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) José Antonio Silva do Porto 1938 Santiago de Compostela |
| Morte | 22 de maio de 1997 Bertamiráns |
| Causa da morte | cancro |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Sevilla |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, aviador, presentador de televisión, escritor |
| Empregador | Aviaco |
| Familia | |
| Irmáns | Jesús Silva Porto |
| Premios | |
| |
José Antonio Silva do Porto, nado en Santiago de Compostela o 18 de maio de 1938 e finado en Bertamiráns (Ames) o 22 de maio de 1997,[1] foi un piloto, xornalista e escritor galego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Ciencias Químicas nas Universidades de Santiago e Sevilla, obtivo o título de piloto de aviación en 1955. Dedicouse ao xornalismo e foi piloto comercial. Foi director de Avion Revue Internacional. Colaborou en La Noche, El Correo Gallego, RNE, TVE e TVG, onde dirixiu o programa Galegos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi irmán do xurista Jesús Silva Porto. Tivo dúas fillas, chamadas Loles e Mónica. Finou por mor dun cancro.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Mi vida con Ramón Franco (Planeta, 1981; con Carmen Díaz Guisasola).
- Bomba a bordo (Planeta, 1982).
- Matar al presidente (Planeta, 1983).
- Mística y misterio de los OVNIS (Sotelo Blanco, 1987).
- El Hereje (Ronsel, 1993).
- Compostela, guía para peregrinos perezosos (Ronsel, 1993).
- V de Vázquez (Ronsel, 1994).
- Aeroguía del litoral de Galicia (Planeta, 1996).
Obra en galego
[editar | editar a fonte]- Marusía (Ir Indo, 1997).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Espejo de España como coautor da biografía Mi vida con Ramón Franco (1981)
- Medalla ao Mérito Civil
- Medalla ao Mérito Aeronáutico