Xosé Antón López
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Xosé Antón López Fernández é un avogado e expolítico galego de Compromiso por Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e exerce como avogado nun despacho de Santiago de Compostela. Foi presidente da Asociación de Veciños Compostela Vella ata o ano 2008 ao entrar no PSdeG-PSOE e presentarse ás eleccións da executiva local polo sector crítico a Bernardino Rama, logrando entrar no Comité Nacional galego.[1] En 2010 entrou na executiva local de Xosé Sánchez Bugallo como secretario de comunicación.[2]
No ano 2014 incorporouse a Compromiso por Galicia,[3] gañando posteriormente as primarias de Compromiso por Galicia á alcaldía de Santiago de Compostela nas eleccións locais de 2015.[4] Unha vez fracasada a opción defendida por el en acudir as eleccións á Xunta de Galicia en coalición con En Marea abandonou Compromiso por Galicia e retírase da política activa.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ""El inesperado sector crítico está satisfecho con la representación lograda", La Voz de Galicia, 29 de outubro de 2008". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 02 de abril de 2015.
- ↑ ""Bugallo renueva su equipo para afrontar los comicios municipales" El Correo Gallego, 13 de xaneiro de 2010". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2015. Consultado o 02 de abril de 2015.
- ↑ ""Estrea de Antón López en CxG denunciando a falla de liderado local" El Correo Gallego, 24 de marzo de 2014". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2015. Consultado o 02 de abril de 2015.
- ↑ ""Xosé Antón López será o candidato de CxG por Compostela" Sermos Galiza". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 02 de abril de 2015.
- ↑ "Compromiso por Galicia se presenta en solitario a las elecciones" Arquivado 10 de abril de 2018 en Wayback Machine., Economía Digital, 17 de abril de 2016 (en castelán).