Xora, Treos, Vimianzo
| Xora | |
|---|---|
| Parroquia | Treos |
| Concello | Vimianzo |
| Coordenadas | 43°06′01″N 8°58′15″O / 43.1002853719, -8.9707061960591 |
| Poboación | 18 hab. (2018) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Xora é unha aldea da parroquia de Treos no concello de Vimianzo, A Coruña, que dista 7,2 km da capital do municipio e pola que pasa o río Xora. Tiña 18 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 9 homes e 9 mulleres.
Noutrora marquesado, houbo un pazo do que hoxe en día só queda en pé a súa capela. Foi fundado por Martín de Antelo no século XVI e a capela é obra de José Antonio Caamaño e Bermúdez de Lobera. Nela pódese contemplar o escudo dos sucesivos donos do pazo, nos que se representan unha serea (referente ós Mariño), dous lobos (ós Lobeira) e un pino con diversas lanzas (ós Caamaño).
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Treos
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Treos no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
|---|---|
|
A Areosa | O Arxomil | Carnio | Colúns | Pedra Cuberta | Quintáns | O Refoxo | Sandrexo | Treos | Treviño | Xora |