Xoana I de Borgoña
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1191 (Gregoriano) |
| Morte | 1205 Besançon, Francia |
| Lugar de sepultura | Catedral de San Xoán de Besançon |
| Actividade | |
| Ocupación | política |
| Outro | |
| Título | Conde de Borgoña |
| Familia | Dinastía Hohenstaufen |
| Pais | Otón I de Borgoña |
| Irmáns | Mary, Countess of Blois Beatrice II, Countess of Burgundy |
Xoana I de Borgoña, nada en 1191 e finada en 1205, nada Xoana de Hohenstaufen, foi condesa de Borgoña dende os 9 anos ata a súa morte aos 14 anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en 1191. Era filla do conde Odón I de Borgoña e de Margarida de Blois (1170-1230) (filla do conde Teobaldo V de Blois e Chartres e de Alix de Francia (á súa vez filla do rei Lois VII de Francia). No mesmo ano do seu nacemento, pero máis tarde, naceu a súa irmá Beatriz II de Borgoña (1191-1231). O 13 de xaneiro de 1197 o seu pai foi asasinado en Besançon aos 32 anos e Xoana sucedeuno como condesa palatina de Borgoña cando só tiña 9 anos.
Morreu en 1205 cando só tiña 14 anos. A súa irmá Beatriz II de Borgoña sucedeuna xunto co seu marido o duque Odón I de Andechs e Merania (1180-1234) que foi recoñecido conde como Odón II de Borgoña.