Saltar ao contido

Xoán de Aragón (arcebispo de Zaragoza, 1458-1475)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán de Aragón
Biografía
Nacemento1440 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte19 de novembro de 1475 Editar o valor en Wikidata (34/35 anos)
Albalate de Cinca, España Editar o valor en Wikidata
Abade do mosteiro de Xesús Nazareno de Montearagón
1464 – 1473
57º Arcebispo de Zaragoza
30 de xuño de 1458 – 19 de novembro de 1475
← Dalmacio del Mur (en) TraducirAusias Despuig (pt) Traducir →
Arcebispo católico
30 de xuño de 1458 – 19 de novembro de 1475
Abade do Real Mosteiro de Santa María de Veruela
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar, arcebispo católico Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor en Wikidata
PaiXoán II de Aragón Editar o valor en Wikidata
IrmánsAfonso de Aragón e Escobar
Fernando II de Aragón Editar o valor en Wikidata

Xoán de Aragón, nado en 1439 ou 1440 e finado en Albalate de Cinca, Huesca o 19 de novembro de 1475,[1] foi un relixioso e militar español, que foi arcebispo de Zaragoza desde 1458 até 1475.[2]

Coñécese tamén como Xoán I de Aragón, xa que na arquidiocese zaragozana houbo outro arcebispo posterior co mesmo nome, Xoán II de Aragón, que pontificou entre [2]

Foi fillo ilexítimo de Xoán II de Aragón e duna dama da familia Avellaneda.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Educado para militar e eclesiástico

[editar | editar a fonte]

Xoán, criado na Corte itinerante da monarquía aragonesa, recibiu unha educación correspondente ao seu estado, preferentemente enfocada cara ás habilidades militares. Pero tamén, tal como era habitual na Idade Media cos descendentes rexios bastardos, foi encamiñado moi cedo cara á carreira eclesiástica polo seu pai, a pesar de parece que o mozo non tiña nada parecido a unha vocación relixiosa.[1]

Porén, as boas relacións entre Xoán II e o valenciano Afonso de Borja, o papa Calisto III, fixeron que este, antes de morrer en 1458, deixara asinadas as bulas mediante as que aceptaba a proposición do monarca aragonés: nomear ao seu fillo ilexítimo arcebispo de Zaragoza.[1]

Deste xeito, Xoán de Aragón foi o primeiro dos arcebispos de Zaragoza pertencente á Casa de Aragón, que quería asegurar o control da arquidiocese por medio de bastardos reais.

O 29 de xullo de 1460 Xoán de Aragón tomou posesión do arcebispado sen recibir sequera as ordes menores, inaugurando así unha práctica moi habitual dentro da diocese, que era moito máis importante pola súa connotación política ca na eclesiástica, o polo menos así o viron todos os monarcas aragoneses, e aínda os Austrias maiores (Carlos I e Filipe II), que sempre procuraron que ocuparan o cargo familiares seus.[1]

Carreira militar

[editar | editar a fonte]

Como titular da sede de Zaragoza, colaborou co seu pai o rei Xoán II, quen lle asignou importantes cargos de responsabilidade, como o de vicerrei de Aragón (Lugartenente Xeral do Reino de Aragón). Axudou ao seu pai tanto na dotación económica das empresas militares como no control e vixilancia das institucións forais aragonesas, ademais de figurar sempre no consello real. Así mesmo, apoiou ao seu pai en contra dos seus irmáns Carlos e Branca na Guerra civil de Navarra. Tamén axudou ao seu pai na Guerra civil catalá, onde puido demostrar a súa verdadeira inclinación militar.

Carreira elesiástica

[editar | editar a fonte]

Dado que non estaba ordenado nin consagrado, e que estaba pouco interesado noas cuestións eclesiásticas, delegou a dirección da sede en mans de bispos ou vigairos que actuaron no seu nome.[3]

En 1467, Xoán de Aragón quixo substituír as esculturas de madeira do altar maior da Catedral de Zaragoza por outras de alabastro, que foron feitas polo escultor Hans Peter Danzer. Así mesmo, a instancias de Xoán, a Catedral foi dotada en 1469 cun novo órgano.[4]

En 1472 o arcebispo foi nomado tamén abade do Mosteiro de Veruela. Tamén foi o primeiro da longa serie de abades verolenses nomeados polo rei, alleos á orde cisterciense que profesaba o cenobio. Outros cargos acumulados polo arcebispo foron os de abade de Montearagón e de Rueda de Jalón, aínda que renunciou ao primeiro deles en 1473, xa que obtivera, tamén por mediación paterna, a encomenda de Alcañiz, dentro da Orde Militar de Calatrava.[1]

En 1467, Xoán de Aragón quixo substituír as esculturas de madeira do altar maior da Catedral de Zaragoza por outras de alabastro, que foron feitas polo escultor Hans Peter Danzer. A instancias de Xoán, a Catedral estaba dotada en 1469 cun novo órgano.[4]

Ocupacións culturais

[editar | editar a fonte]

Durante a súa época de arcebispo, Xoán de Aragón comezou a reunir unha pequena corte de literatos e homes de letras, entre os que destacaba Gaulberto Fabricio de Vagad, futuro cronista,[5] que chegou a ser alférez da Casa do arcebispo. Froito desta preocupación literaria son as dúas obras reunidas baixo a súa dirección —aínda que parece ser que tamén participou directamente el mesmo na súa redacción— as Constituciones Sinodales del Arzobispado de Zaragoza (1462) e as Ordenaciones pertenecientes al oficio de los señores diputados hechas en las Cortes de Fraga (1460), ambas manuscritas e de grande importancia para a historia de Aragón.[1]

En novembro de 1475, durante unha visita a Albalate de Cinca, o arcebispo Xoán caeu enfermo e foi recluído na residencia palaciana da citada vila oscense, propiedade de Ramón de Espés, cortesán do rei. E alí faleceu, o 19 de novembro, doando no seu testamento todas as súas riquezas a obras de beneficencia; no testamento tamén dispuxo ser enterrado na Seo de Zaragoza, onde aínda hoxe pode observarse o seu fermoso sepulcro de alabastro no presbiterio da capela maior.[1]

Predecesor:
Dalmau de Mur
Arcebispo de Zaragoza
20 de xuño de 1458 - 19 de novembro de 1475
Sucesor:
Ausias Despuig
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Aragón, Juan de (1429-1475) en mcnbiografias.com (en castelán).
  2. 2,0 2,1 Archidiócesis de Zaragoza. docesis-episcopologio Arquivado 02 de outubro de 2017 en Wayback Machine..
  3. Fernandez Serrano 1969.
  4. 4,0 4,1 Calahorra Martínez 2008.
  5. Gaulberto Fabricio de Vagad escrbiu a Crónica de Aragón, que é a primeira crónica do reino impresa en lingua vernácula en Zaragoza, tratando desde os míticos reis de Sobrarbe até a morte de Afonso V.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]