Xerome Emiliani
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1486 Venecia, Italia |
| Morte | 8 de febreiro de 1537 Somasca, Italia (en) |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Monacato, suporte social (pt) |
| Ocupación | sacerdote católico, oficial, relixioso cristián |
| Orde relixiosa | Orde dos Cregos Regulares de Somasca |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 8 de febreiro |
Xerome Emiliani, nado en Venecia en 1486 e finado en Somasca o 8 de febreiro de 1537, fundador dos Cregos Regulares de Somasca adicada á atención dos marxinados e enfermos e particularmente á infancia e á xuventude desamparada.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Anxo Emiliani, senador da República veneciana. Orfo de pai aos dez anos, seguiu a carreira militar guerreando contra o Papa e a Liga de Cambrai en defensa do seu Estado. Foi alcaide e rexente de Caltelnuovo di Quero sul Piave, caendo prisioneiro cando os franceses, aliados do Papa e unidos a el na Liga de Cambrai, tomaron a praza. Conseguiu escapar, e máis tarde, en 1516, retomou o cargo e fíxose cargo da viúva do seu irmán falecido e dos seus catro fillos.
Coñeceu a Caetano de Thiene en 1527, o que influíu en que se implicase ao servizo do hospital de enfermos incurables de Venecia. Asemade, abriu un obradoiro para formar a nenos e xente nova marxinada. Entregado á cura de enfermos durante as epidemias, en 1531, el mesmo se contaxia. Recuperado, entrega todos os seus bens aos pobres e parte a Bérgamo para fundar con varios laicos obras de atención a orfos, prostitutas e enfermos. Espallou a súa acción a varias cidades italianas como Milán, Pavia ou Brescia. En 1534, funda a Congregación de servos dos Pobres, máis tarde denominada Somasca, aínda que el non entra na mesma.
En febreiro de 1534, desatada unha epidemia de peste e adicado á atención dos apestados, el mesmo se contaxia mortalmente.
Significación
[editar | editar a fonte]Foi beatificado o 23 de abril de 1747 por Bieito XIV e canonizado o 12 de outubro 1767 por Clemente XIII. A súa festa celébrase o 8 de febreiro.
É patrón de Treviso e Venecia.