Xerardo Vidal Rivas
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979 (44/45 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Xerardo Vidal Rivas, nado en Lugo en 1979, é un escritor galego. Adoita asinar os seus artigos simplemente como Vidal.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ten publicados relatos en varios volumes colectivos e foi premiado en certames literarios coma o de Contos de Verán do diario El Progreso (2016), o Certame de Relato do Liceo de Noia (2014) ou o Premio Modesto R. Figueiredo (2018).[1] Publicou en 2001 o seu primeiro libro en solitario, A balada do nudista caviloso (Sotelo Blanco Edicións), un volume de relatos. A finais do 2011 comezou a colaborar no sitio web Letraenobras.com, primeiro como un dos autores do volume colectivo de relatos co que o sitio web iniciou a súa andaina, e finalmente como articulista habitual.
Editou por conta propia a través de Amazon a novela Fisterrania en 2017, a novela Os cans na bouza en 2018, en 2019 o libro de relatos Os nunca escollidos e a novela 12 cordas, en 2020 o libro de relatos A deriva sinistra e en 2021 a novela As caras verdes. A comezos de marzo de 2023, recibiu o primeiro premio no certame Contos de Verán do diario El Progreso polo relato O condicional, sendo a segunda vez que gañou o devandito certame.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Este sábado entréganse os Premios de Narración Breve Modesto Rodríguez Figueiredo". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2020-01-27.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na Biblioteca Virtual Galega
- Ficha en Letra en Obras
- A Pequena Novela Galega (blog persoal).
- Vida de Vidal blog persoal (en castelán).