Xeranilxeranil pirofosfato
Xeranilxeranil pirofosfato | |
---|---|
Outros nomes Xeranilxeranil difosfato | |
Identificadores | |
Número CAS | 6699-20-3 |
PubChem | 447277 |
ChemSpider | 394418 |
MeSH | geranylgeranyl+pyrophosphate |
ChEBI | CHEBI:48861 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C20H36O7P2 |
Masa molar | 450,44 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O xeranilxeranil pirofosfato ou pirofosfato de xeranilxeranilo é un intermediario na vía da HMG-CoA redutase ou do mevalonato utilizada por moitos organismos na biosíntese de terpenos e terpenoides.[1] Nas plantas é tamén o precursor dos carotenoides, xiberelinas, tocoferois, e clorofilas.
É tamén un precursor utilizado na xeranilxeranilación de proteínas (un tipo de prenilación).
Na mosca Drosophila, o xeranilxeranil pirofosfato é sntetizado polo encima HMG-CoA codificado no xene Columbus. O xeranilxeranil pirofosfato é utilizado como un quimioatractor para a migración de células xerminais que atravesaron o epitelio do intestino medio do insecto. O sinal atractor é producido nos precursores gonadais, e dirixe as células xerminais a eses sitios, onde se diferencian en ovos e espermatozoides.
Compostos relacionados
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cholesterol Synthesis Arquivado 04 de xullo de 2017 en Wayback Machine., Rensselaer Polytechnic Institute]