Xeografía de Marte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa topográfico de Marte realizado pola sonda espacial Mars Global Surveyor.

A xeografía de Marte é notabelmente irregular: combínanse grandes canóns, longas cordilleiras e altos volcáns (o monte Olimpo, un dos volcáns marcianos, é o volcán máis alto dos coñecidos) con extensas chairas; e con outros accidentes xeográficos que rara vez se atopan na Terra, coma cráteres provocados por meteoritos.

A superficie de Marte divídese en dúas rexións principais:

  • Terras altas, que se atopan no hemisferio sur. As terras altas teñen moitos cráteres. Son a rexión máis antiga de Marte. É a rexión máis vella da superficie de Marte.
  • Terras baixas, que abarcan a Cordilleira Tharsis, que é onde se atopan a maioría dos maiores volcáns de Marte. Xunto á cordilleira Tharsis atópase o Valles Marineris, un longo canón de Marte. É a rexión máis nova de Marte.

A superficie de Marte é caótica en moitos sectores e conserva as pegadas de grandes cataclismos que non teñen equivalente na Terra. Especúlase que as zonas volcánicas poderían ter covas de tamaño 100 ou 1000 veces maior que as terrestres, que no futuro poderían dar acubillo a colonias no seu interior.[1]

Unha característica do hemisferio norte é a existencia dun enorme avultamento que contén o complexo volcánico de Tharsis. Nel atópase o Monte Olimpo, o maior volcán do sistema solar, cunha altura calculada de entre 21 e 26 km[2] e a súa base ten un largo de 600 km. As coladas de lava crearon un zócolo cun bordo que forma un cantín de 6 km de altura. Hai que engadir a grande estrutura colapsada de Alba Patera. As áreas volcánicas ocupan o 10 % da superficie do planeta. Algúns cráteres amosan sinais de actividade recente e teñen petrificada nas súas abas. A pesar destas evidencias, non foi ata maio de 2007 cando o Spirit descubriu cun alto grao de certeza o primeiro depósito volcánico signo dunha antiga actividade volcánica na zona denominada Home Plate,[3] situada na base interior do cráter Gusev. Unha das mellores probas é a que os investigadores chaman bomb sag (a marca da bomba). Cando se atopan a lava e a auga, a explosión lanza cara a arriba anacos de roca, algúns dos cales volven caer e encaixan en depósitos máis brandos.

Valles Marineris observados con filtro de cor

Próximo ao ecuador e cunha lonxitude superior aos 3000 km, unha largura de ata 600 km e unha profundidade de ata 8 km, Valles Marineris é un canón que se formou polo afundimento do terreo a causa da formación do avultamento de Tharsis.[4]

Hai unha evidencia clara de erosión en varios lugares de Marte, tanto polo vento como pola auga. Existen na superficie longos vales sinuosos semellantes a leitos de ríos. Eses inmensos vales poden ser o resultado de fracturas ao longo das que correron grandes cantidades de lava e, posteriormente, de auga. A superficie do planeta conserva verdadeiras redes hidrográficas, hoxe secas. Todos estes detalles da superficie suxiren un pasado con outras condicións ambientais en que a auga causou estes leitos mediante inundacións catastróficas.

Ao igual que a Lúa e Mercurio, Marte non presenta tectónica de placas activa, como a Terra. Non hai evidencias de movementos horizontais recentes na superficie tales como montañas por pregamento tan comúns na terra. Non obstante, a Mars Global Surveyor en órbita arredor de Marte detectou en varias rexións do planeta extensos campos magnéticos de baixa intensidade. Este achado inesperado dun probable campo magnético global, activo no pasado e agora desaparecido, pode ter interesantes implicacións para a estrutura interior do planeta.

O hemisferio norte de Marte contén tres grandes cuncas, Utopía, Acidalia e Arcadia, das que a primeira é a maior cunca de impacto coñecida do Sistema Solar, cun diámetro de 3300 km, case dobre da dimensión N-S do deserto do Sáhara.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Take refuge in a cave – on the Moon". Caves & pangaea blog. 2020-08-20. Consultado o 2020-08-22. 
  2. A altura varía segundo a fonte consultada. A ESA indica tres medidas da altura: 22 km aquí y aquí, 24 km aquí y 26 km aquí. A NASA ofrece 21 km aquí, 25 km aquí e 26 km aquí.
  3. "News NASA's Mars Rover Finds Evidence of Ancient Volcanic Explosion" (en inglés). 3 de maio de 2007. Consultado o 23 de setembro de 2016. 
  4. / Valle Marineris. Nave Viking 1970. Consultado o 8 de abril de 2011

Ver tamén[editar | editar a fonte]