Arcadia Planitia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arcadia Planitia
Mapa topográfico de Arcadia Planitia.
Tipo de accidente xeolóxico Planitia
Rexión de Marte
Diámetro medio 2.923,7 km[1]
Altitude ?
Coordenadas 56,01° N 188,63° E[1]
Procedencia do nome nome dun antigo accidente xeolóxico.[1]

Arcadia Planitia é unha suave planicie de Marte, composta por depósitos de lavas frescas e coladas volcánicas asentadas na Época Amazónica. Ó oeste fai fronteira con Utopia Planitia e cara ó leste coas terras altas de Tharsis, o seu sur pódense atopa-las planicies de Elysium Planitia e Amazonis Planitia, ó norte fican as vastas extensións do resto da Vastitas Borealis (rexión a cal pertence esta chaira), as súas coordenadas centrais son 56,01° N 188,63° E[1] e posúe un diámetro medio segundo o USGS de 2.923,7 km[1]. O seu nome provén dun vello accidente xeolóxico que aparecía nun mapa de Giovanni Schiaparelli feito no ano 1882, Arcadia fai referencia a unha antiga rexión de Grecia.

Esta é unha chaira con moi pouca variación de altitude, a súa variación de altitude vai dos 0 km ós -3 km respecto do datum marciano.[2] Coma moitas outras planicies do hemisferios norte de Marte, Arcadia amosa uns característicos enramados quasi-poligonais que moi posiblemente estean asociados a chans compostos dunha mestura de xeos, lama viscosa e pequenas rochas, na Terra pódense atopar este tipo de patróns e trazos nos chans de permafrost do ártico.[3] Outra formas xeolóxicas que indican a presenza pasada de xeos e unha posible presenza actual dos mesmos, son os outeiros totalmente redondeados e erosionados, e os pequenos fuchancos e simas fotografados co sistema Themis da Mars Odyssey.[4]

A sonda Mars Odyssey puido fotografar varios cráteres con capas concéntricas de depósitos brillantes tanto cara ó interior dos cráteres coma cara ó exterior, así coma numerosos regueiros brillantes que partían das cristas dos bordos deses cráteres, cristas moi erosionadas e degradas, e tamén aparecían moi erosionados os depósitos de material asociados ós nacementos destes cráteres; estas características suxiren a presenza de xeos superficiais ou subterráneos que serían os causantes desta intensa erosión.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Planetary Names: Planitia, planitiae: Arcadia Planitia on Mars". Consultado o 18-04-2012. 
  2. R. Greeley, "Arcadia Planitia" Arquivado 11 de marzo de 2007 en Wayback Machine. consultado o 22-04-2012.
  3. "Textures in Arcadia Planitia". Consultado o 22-04-2012. 
  4. "Arcadia Planitia". Consultado o 22-04-2012. 
  5. "Western Arcadia Planitia". Consultado o 22-04-2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]