Xavier Lorenzo Oroza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXavier Lorenzo Oroza
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de marzo de 2001 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Francisco Javier Lorenzo Oroza, coñecido como Xavier Lorenzo, nado en Viveiro en 1958 e finado na Coruña o 29 de marzo de 2001, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño do poeta Carlos Oroza. Traballou como redactor en La Voz de Galicia, Antena 3 Radio, Caminos inolvidables de Galicia y del mundo. Foi director de informativos de TCN televisión. Era membro da ACPE-AS- de correspondentes de prensa estranxeira e correspondente acreditado do grupo israelí "Aurora" na UE. Colaborou con Jerusalem Post e El Correo Gallego, El Correo Español El pueblo Vasco. Foi membro do consello de redacción do semanario Mundo Hispánico en Suíza e colaborou na Televisión Helvética. Finou no Hospital Juan Canalejo da Coruña o 29 de marzo de 2001.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • As gaviotas do cabo Morás, O porco espiño Xeremías, 1983.
  • A viaxe de Irina, 1993.
  • O paxaro do Danubio.
  • A serra máxica, 1998.

En castelán[editar | editar a fonte]

  • Ultimas noticias después del silencio, 1981.
  • Una habitación en el Bósforo, 1997.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Nacional de Estatística, 1992.
  • Premio Pastor Díaz de Novela por Una habitación en el Bósforo, 1995.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Pilar Rego Fernández e foi pai de Noel Lorenzo Rego.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 30-3-2001, p. 57.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]