Xarel·lo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uva variedade Xarel·lo.

Xarel·lo é unha variedade de uva branca de acio doce, miúdo e compacto, con gran esférico de pel grosa e tamaño medio.

É unha variedade tradicional propia da comarca do Penedès e do Camp de Tarragona, empregada para a elaboración do cava xunto coas variedades de uva macabeo e parellada. A uva xarel·lo aporta ao cava corpo e estrutura. É unha das variedades principais para o viño branco das Denominacións de Orixe Alella, Binissalem, Costers del Segre, Denominación de Orixe Cava , Penedès e Tarragona, porén se cultiva en toda Cataluña e Mallorca.

O viño elaborado con este tipo de bago soe ser aromático, equilibrado, sedoso e saboroso. Pode fermentarse en bocoi pero non dá resultado coma viño novo.

O nome xarel·lo provén do italiano chiarello, que quere dicir “clarete”. Outros nomes utilizados para esta variedade de uva son: pansa blanca, en Alella; pansa valenciana, panser, pansal, pansalet, cartoixà; premsal blanc ou moll, en Mallorca; palop, planta valenciana e planta bona.