Xaquín das Herbas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Morte | 1958 |
Xaquín das Herbas, finado en 1958, foi un ermitán galego que viviu entre os anos 1936 e 1958 no concello das Pontes de García Rodríguez.[1] Segundo a tradición oral vivía nun carballo oco ao carón do río Eume,[2] de forma autosuficiente, fabricándose el mesmo a roupa con peles e alimentándose a base de insectos, herbas e raíces.[1]
A súa orixe é descoñecida, pero sospeitábase que procedía dalgún lugar das provincias de Pontevedra ou Lugo, e que era un canteiro anarquista que fuxira do seu fogar por mor da Guerra Civil.[1] Trala súa morte fíxose unha colecta popular no concello para o pago do seu enterro,[1] e posteriormente nomeouse unha rúa na súa memoria, a Rúa Xaquín das Herbas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "La historia del habitante más misterioso de As Fragas pontesas". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2015.
- ↑ "El refugio". Árboles Patrimonio Vivo (en castelán). Consultado o 29 de xullo de 2015.
- ↑ OpenStreetMap contributors. Way: Rúa Xaquín das Herbas (Mapa) (en inglés). OpenStreetMap. Consultado o 29 de xullo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mancebo, Marta (13 de marzo de 2017). "El enigmático personaje pontés". El Progreso (en castelán).