Xantoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fotografía dun paciente cuxos xeonllos mostran múltiples xantomas tuberosos[1]
Mans dun paciente que presenta xantomas múltiples.

Un xantoma (condición: xantomatose), do grego ξανθος, xanthos, 'amarelo', é unha deposición de material rico en colesterol amarelado que pode aparecer en calquera parte do corpo en varios estados de enfermidade.[2] Son manifestacións cutáneas de lipidose nas cales se acumulan lípidos en grandes células escumosas na pel.[2] Están asociados con hiperlipidemias, tanto de tipo primario coma secundario.

Os xantomas de tendón están asociadas con hiperlipidemia de tipo II, obstrución do tracto biliar crónica e cirrose biliar primaria. Os xantomas palmares e os tuberoeruptivos (sobre os xeonllos e cóbados) aparecen na hiperlipidemia de tipo III.

Tipos[editar | editar a fonte]

Xantelasma[editar | editar a fonte]

Imaxe histolóxica dun xantoma que mostra células escumosas cargadas de lípidos con grandes áreas de gretas con colesterol, aumento de 10 ×, tinguidura de hematoxilina-eosina.[1]

Un xantelasma é unha acumlación con límites nítidos de cor amarelado de colesterol situada debaixo da pel, xeralmente nas pálpebras ou arredor delas. Estritamente, un xantelasma é unha condición distinta, que só se chama xantoma cando se fai máis grande e nodular, tomando proporcións de tumor.[3] Porén, é a miúdo clasificado simplemente como un subtipo de xantoma.[4]

Xantoma tuberoso[editar | editar a fonte]

O xantoma tuberoso caracterízase por presentar xantomas localizados nas articulacións.[2]:530

Xantoma tendinoso[editar | editar a fonte]

O xantoma tendinoso[5] caracterízase clinicamente pola aparición de pápulas e nódulos encontrados nos tendóns das mans, pés e talóns.[2]:531 Tamén está asociado coa hipercolesterolemia familiar.[6]

Xantoma eruptivo[editar | editar a fonte]

O xantoma eruptivo (ILDS E78.220) caracterízase clinicamente por pequenas pápulas de amarelas-laranxa a marróns avermelladas que aparecen por todo o corpo.[2]:531 Tende a estar asociado cun nivel elevado de triglicéridos [7]

Xantoma plano[editar | editar a fonte]

O xantoma plano (ILDS D76.370) caracterízase clinicacmente por ter máculas e placas espalladas difusamente en grandes áreas do corpo.[2]:531

Xantoma palmar[editar | editar a fonte]

O xantoma palmar caracterízase clinicamente pola aparición de pequenas placas amareladas que afectan ás palmas e superficies de flexión dos dedos.[2]:531 Caracterízase por máculas amareladas ou alaranxadas ou planas ou placas lixeiramente elevadas, a miúdo cunha área central branca que poden estar localizadas ou ser xeneralizadas. A miúdo orixínanse nos pregamentos da pel, especialmente nas raias das palmas das mans. Aparecen na hiperlipoproteinemia de tipo III e de tipo IIA, e en asociación coa cirrose biliar. A presenza de xantomas palmares ou a presenza de xantomas tendinosos, son indicadores de hipercolesterolemia.

Xantoma tuberoeruptivo[editar | editar a fonte]

O xantoma tuberoeruptivo (ILDS E78.210) caracterízase clinicamente pola aparición de pápulas e nódulos que aparecen inflamadas e tenden a coalescer.[2]:532 Os xantomas tuberosos son considerados similares, e dentro do mesmo espectro de enfermidades como o xantoma eruptivo.[5]

Outros tipos[editar | editar a fonte]

Outros tipos de xantomas identificados en dicionarios médicos son:[8]

  • xantoma dos diabéticos: un tipo de xantoma eruptivo, a miúdo con diabetes grave.
  • xantoma diseminado: un raro tipo de xantoma, que consta de histiocitos non X en superficies de flexión, asociados con diabetes insípida.
  • xantoma verrucoso: tamén chamado histocitose Y, un papiloma da mucosa oral e a pel, no que o tecido conectivo situado baixo o epitelio contén histiocitos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Kumar et al. Cases Journal 2008
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 James, William D.; Berger, Timothy G.; et al. (2006). Andrews' Diseases of the Skin: clinical Dermatology. Saunders Elsevier. ISBN 0-7216-2921-0. 
  3. Shields, Carol; Shields, Jerry (2008). Eyelid, conjunctival, and orbital tumors: atlas and textbook. Hagerstwon, MD: Lippincott Williams & Wilkins. ISBN 0-7817-7578-7. 
  4. thefreedictionary.com > xanthelasma Citing: The American Heritage Medical Dictionary Copyright 2007, 2004 and Mosby's Medical Dictionary, 8th edition. 2009
  5. 5,0 5,1 Rapini, Ronald P.; Bolognia, Jean L.; Jorizzo, Joseph L. (2007). Dermatology: 2-Volume Set. St. Louis: Mosby. pp. 1415–16. ISBN 1-4160-2999-0. 
  6. van den Bosch, Harrie C.M.; Vos, Louwerens D. (1998). "Achilles'-Tendon Xanthoma in Familial Hypercholesterolemia". New England Journal of Medicine 338 (22): 1591–1591. ISSN 0028-4793. PMID 9603797. doi:10.1056/NEJM199805283382205. 
  7. Digby M; Belli R; McGraw T; Lee A (2011). "Eruptive xanthomas as a cutaneous manifestation of hypertriglyceridemia: a case report". J Clin Aesthet Dermatol 4: 44–6. PMC 3030216. PMID 21278899. 
  8. "Xanthoma". Medical Dictionary - Dictionary of Medicine and Human Biology. Consultado o 2015-02-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]