Xanela Azul
Tipo | arco natural (pt) estrutura desaparecida | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Saint Lawrence, Malta (pt) | |||
Localización | Gozo | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Características | ||||
Dimensións | 28 () m | |||
Material usado | Calcaria | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1830 | |||
Data de disolución, retirada ou demolición | 8 de marzo de 2017 | |||
A Xanela Azul era unha formación rochosa cun arco natural de pedra calcaria de 28 metros de alto, que se levantaba na illa de Gozo en Malta. Quedou derrubada por unha forte ondada, durante unha tormenta o 8 de marzo de 2017. Atopábase na lagoa costeira de Dwejra en San Lawrenz e preto da Roca Fungus. Constituía unha icona para Malta e unha das principais atraccións turísticas da illa. Foi utilizada en numerosas filmaciones, como a voda entre Daenerys Targaryen e Khal Drogo na serie Xogo de tronos.[1]
A formación estaba ancorada no extremo leste cos cantís da praia, formando un arco cara a augas abertas e quedar soportada por un alicerce de pé libre no mar ao oeste do cantil. A xanela formouse tras derrubarse dúas covas de pedra calcaria. Máis adiante, co paso dos anos de erosión natural fixo que partes do arco caesen ao mar, e o alicerce que servía de pé derrubouse por completo durante unha tormenta o 8 de marzo de 2017.
Rodaxes
[editar | editar a fonte]Esta formación foi escenario de moitas rodaxes de películas e series de televisión como por Furia de titáns (1981), O conde de Montecristo (2002) ou Xunto ao Mar (2015), que protagonizaron a parella Brad Pitt e Angelina Jolie.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gómez-Fuentes, Ángel (10-03-2017). "Triste adiós a la Ventana Azul, icono de Malta". abc.es. Consultado o 23-04-2019.
- ↑ Celdrán, Aymar (02-01-2017). "Azure Window o Ventana Azul: la piedra caliza con un arco natural". guiademalta.com. Consultado o 23-04-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xanela Azul |