Xador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mulleres con xador en Xiraz.

Un xador[1] ou xadur[2] (en persiano: چادر châdor) é unha peza de vestir ampla e habitualmente de cor negra coa que algunhas mulleres musulmás, especialmente nas zonas urbanas ou rurais do Irán e dalgúns outros países de Asia central cobren a cabeza e o corpo, deixando unicamente á vista a cara[3].

O xador consistente nunha simple peza de tea semicircular aberta por diante que se coloca sobre a cabeza, cubrindo todo o corpo agás a cara. Ás veces axústase ao pescozo, a un costado, cun alfinete decorativo. Segundo as relixións pode ser negro ou a cores, a miúdo estampados. Esta peza ponse por riba de todas as outras e, especialmente no campo, pode ser máis curta.

A tradición de cubrir a testa é frecuente en diversas relixións orixinadas en pobos semíticos, incluídos o xudaísmo e mailo cristianismo, porén o seu uso é pouco frecuente actualemnte e adoita estar restrinxido a cerimonias relixiosas (mantilla, veo). Con todo, cómpre non confundir o xador con outras pezas de vestimenta usadas no islam coma o hixab, a amira, o nicab, o burca ou a abaia.

Xador branco con flores vermellas, tradicional en Natanz (cara o centro do Irán).

Coa Revolución islámica de 1979 impúxose o uso obrigatorio no Irán, situación que aínda se mantén, con certa relaxación na súa forma e deseño.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Proposta de escritura en galego do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  2. A forma "xadur" é a recomendada en Fresco Barbeito, V. (2007) "Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica", Cadernos de lingua, 29, páx.5-43 (http://academia.gal/documents/10157/23708/Cadernos_29.pdf Arquivado 04 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.)
  3. Definición proposta polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
  4. Luz Gómez García, Diccionario de islam e islamismo, páx. 54. Editorial Espasa, 2009: "la Revolución Islámica (1979) dictaminó que fuese indumentaria obligatoria de las mujeres en Irán, situación que se mantiene en la actualidad, aun con cierta relajación en su forma y diseño."
  5. "Tipus de vels". Diari Ara (en catalán) (290): 5. 16/09/2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]